• Microbiólogos da Área Sanitaria de Vigo realizan o traballo con mostras obtidas doutros profesionais sanitarios
• Consideran que o ideal sería dispoñer dun método para saber exactamente cando unha persoa deixa de ser inmune ao virus
Unha investigación do IIS Galicia Sur busca coñecer canto tempo protexen as vacinas contra o COVID-19. Un estudo que persegue como obxectivo último comprobar que tipo de pautas deberán seguirse no futuro para loitar contra o virus mediante o sistema vacunal.
O traballo corre a cargo de microbiólogos da Área Sanitaria de Vigo, dirixidos polo xefe do servizo e responsable do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía, Benito Regueiro. “Na actualidade non dispoñemos, por exemplo, dun sistema que permita saber a través de distintos parámetros a capacidade de cada individuo para neutralizar o virus”, explica.
Os investigadores elixiron para o estudo a persoal sanitario escollido ao azar. Simplemente pola facilidade de organización para a obtención de mostras. O servizo de Medicina Preventiva da Área Sanitaria encargouse de seleccionar ás persoas que poderían participar nesa toma de mostras.
Os microbiólogos consideran que o ideal sería obter un método para saber con exactitude en que momento unha persoa deixa de ser inmune á infección do virus.
Visita nuestras redes sociales