
A directora científica do IIS Galicia Sur, Eva Poveda (segunda pola esquerda), acompañando ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña (centro da imaxe), no acto de benvida das novas investigadoras e investigadores
• A través dun acto formal de benvida organizado na Consellería de Sanidade, o titular de Saúde do Goberno galego quixo dar a benvida, potenciar o seu papel e estimular a estes novos investigadores e investigadoras que se incorporaron este ano
• No acto estivo presente a directora científica do IIS Galicia Sur, Eva Poveda
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023.- O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, deu a benvida a 31 novos investigadores que se incorporan ao Sergas, grazas aos programas de axudas á investigación do Instituto de Saúde Carlos III, para desenvolver o seu traballo científico ao longo dos próximos meses. No devandito acto de benvida, participou tamén a directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Eva Poveda, así como as directoras do Idis e Inibic (María Luz Couce e Mar Castellanos, respectivamente), ademais da xerente do Sergas, Estrella López-Pardo; a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña; e o xerente de ACIS, Antonio Fernández-Campa.
Nesta recepción, realizada co fin de dar a benvida, potenciar o seu papel e estimular a estes novos investigadores e investigadoras que se incorporaron este ano ao Sistema Galego de Investigación en Saúde, contouse, ademais das citadas autoridades, con tres investigadores con ampla carreira na nosa Comunidade, como son Joaquín Cubiella Fernández, da Fundación Biomédica Galicia Sur; Ana Belén Crujeiras Martínez, do Idis, e Alexandre de la Fuente González, do Inibic
Visita nuestras redes sociales