O investigador do Grupo de Sistemas Informáticos de Nueva Generación (SING) do IIS Galicia Sur, Daniel González, traballa na plataforma “EsCovid19data” para unificar nese lugar toda a información referida aos distintos datos que se manexan dende que comenzou a pandemia en Galicia.
Profesor na Escola Universitaria de Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense, considera que a recollida de datos e, sobre todo, a homoxeneización dos mesmos, é de suma importancia para determinar moitos dos factores descoñecidos do virus. Cuestións coma a letalidade do virus, a idoneidade das medidas que se toman para combatelo ou as características das persoas que se contaxian máis, son algunhas das preguntas que se poden resolver se hai suficientes datos e estes están nunha plataforma de fácil acceso para os investigadores, segundo o profesor Daniel González.
Visita nuestras redes sociales