O proxecto PERSIST “Patients-centered SurvivorShIp care plan after Cancer treatments based on Big Data and Artificial Intelligence technologies“, no que participan SERGAS e Fundación Biomédica Galicia Sur, acaba de estrear o seu novo Blog.
Nesta primeira entrada, o coordinador do proxecto, Gradiant, expón as 3 principais dificultades para a Intelixencia Artificial no ámbito da e-saúde“. Proximamente, o segundo martes de cada mes, publicaranse nova noticias relacionadas cos avances do proxecto e a súa temática, isto é, big data e intelixencia artificial no contexto da saúde e, en concreto, do cáncro.
O proyecto PERSIST está financiando pola Unión Europea con máis de 5 millóns de euros, no marco do programa Horizonte 2020. Comezou a principios de 2020 e conta coa participación de máis de 50 expertos de entidades de España, Italia, Austria, Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Suiza, Portugal, Bélxica e Turquía, que traballarán no desenvolvemento dunha plataforma innovadora que apoiará a toma de decisións médicas para mellorar a atención dos superviventes de cancro.
Dende o IIS Galicia Sur participan no proxecto os investigadores Mercedes Salgado, Jesús García Mata, Jesús García Gómez, oncológos do CHU de Ourense e integrantes do grupo Oncoloxía Dixestiva e os membros da Unidad de Metodoloxía do IIS Galicia Sur, Ángel Salgado Barreira e Cristina Martínez Reglero.
Visita nuestras redes sociales