
• Investigadores do Instituto analizan o papel do seu contido xenético e o de certas proteínas que poderían estar relacionadas na formación do sistema nervioso humano
• O estudo desenvólvese no marco da tese doutoral do investigador Luís Freiría, que presentará o próximo verán
Expertos do Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, analizan o papel do contido xenético do leite materno, así como de certas proteínas que posúe e que poden incidir na formación do sistema nervioso humano. Este traballo, realizado polo biólogo investigador do Grupo de Neurociencia Traslacional Luís Freiría Martínez, e baixo a dirección do neurobiólogo Carlos Spuch Calvar e do psiquiatra Jose Manuel Olivares Díez, desenvólvese no marco da súa tese doutoral, que prevé presentar antes do próximo verán e para a que recibiu unha axuda predoctoral da Axencia Galega de Investigación (GAIN) da Xunta (referencia IN606A-2019/022). Seguir Lendo
Visita nuestras redes sociales