O IIS Galicia Sur reforza as súas plataformas de Xenómica e Bioloxía Celular coa incorporación de equipamento punteiro para a análise de ácidos nucleicos por PCR Dixital
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
-
O novo equipamento obtívose grazas á convocatoria competitiva para infraestruturas do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
-
Permitirá o desenvolvemento de novas liñas e proxectos de investigación punteiros a grupos de investigación do IIS Galicia Sur e da súa contorna
O IIS Galicia Sur incorpora ás súas instalacións novo equipamento punteiro, obtido grazas á subvención concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades na convocatoria de adquisición de equipamento científico-tecnolóxico 2018. A proposta presentada, “Fortalecemento e integración das plataformas de Xenómica e Bioloxía Celular mediante técnicas avanzadas de fraccionamento celular para a análise de ácidos nucleicos por Dixital PCR”, financiarase con case 300.000 € que se destinarán á adquisición de tres equipos (ultracentrífuga, bioanalizador e PCR Dixital) que permitirán a aplicación de técnicas avanzadas de fraccionamento celular para a análise de ácidos nucleicos (ADN e ARN).
A investigadora que lidera a proposta, Eva Poveda, responsable do Grupo de Viroloxía e Infectoloxía do IISGS, considera que “a incorporación destas novas plataformas ao Instituto producirá un gran salto de calidade para os nosos proxectos de investigación” e que “este equipamento permitirá desenvolver proxectos máis innovadores no IISGS, mellorando a relevancia e transferencia de resultados, e aumentará as sinerxías entre grupos e as colaboracións coa contorna industrial”. Diversos grupos do Instituto serán usuarios directos das novas infraestruturas, coma os grupos de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica, Neurociencia Traslacional, Microbioloxía e Infectoloxía, Patoloxía Dixestiva e Inmunoloxía. Ademais, dada a versatilidade do novo equipamento, moitos outros grupos internos e externos ao IISGS poderán beneficiarse do seu uso para ser máis competitivos nas súas respectivas áreas de coñecemento. Entre as entidades que xa manifestaron o seu interese nesta tecnoloxía están o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, o Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBIS), o Hospital Universitario Germans Trias i Pujol, o Centre de Recherche en Myologie de París e o University Hospitals Cleveland Medical Centre, de EE. UU.
Os grupos do IIS Galicia Sur acadan financiamento do Instituto de Salud Carlos III para pór en marcha tres novos proxectos
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Os proxectos van dirixidos a estudar o impacto social da EPOC, a prevención da depresión nas empresas e os deterioros cognitivos en pacientes con depresión
A cantidade total da subvención para estas investigacións ascende a 180.000 euros
Na convocatoria presentáronse en torno a 1.800 solicitudes de entidades sanitarias e universitarias de toda España, das que só un terzo acadaron o seu obxectivo
REPERCUSIÓN MEDIÁTICA
O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur porá en marcha tres novos proxectos de investigación grazas á exitosa participación dos seus grupos na convocatoria para Proxectos de Investigación da Acción Estratéxica en Saúde 2018. Os grupos NeumoVigoI+i, Neurociencia Traslacional, e I-Saúde son os beneficiarios destas axudas, e recibirán en conxunto 180.000 € que lles permitirán pór en práctica as súas propostas a comezos de 2019.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «proxecto socioEPOC, grupo NeumoVigo I+i»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O grupo NeumoVigo I+I, da EOXI de Vigo e o IIS Galicia Sur, desenvolve unha ferramenta para predicir a evolución da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) segundo as condicións sociais. Esta iniciativa permitiulles obter financiación do Instituto de Salud Carlos III para levar a cabo un novo proxecto de investigación nos próximos 3 anos.
Reportaxe sobre o Grupo SING do IISGS: “Informáticos con vocación social”
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O Grupo SING, Sistemas Informáticos de Nova Xeración, vinculado ao IIS Galicia Sur, está formado por enxeñeiros informáticos cunha gran vocación social. O grupo realiza una clara aposta pola investigación traslacional e buscan xerar ferramentas informáticas con aplicación para solucionar problemas reais, especialmente no ámbito biosanitario. A través desta reportaxe pódense coñecer varias das iniciativas que teñen en marcha neste momento.
PROXECTOS DO GRUPO

POLYDEEP
Florentino Fdez-Riverola
PolyDeep: Sistema intelixente de detección e clasificación en tempo real de lesións colorrectais mediante deep learning é un proxecto financiado pola convocatoria de proxectos de I+D+I do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade do MINECO, cuxo obxectivo é xerar un sistema informático capaz de realizar a detección e clasificación das lesións colorrectais, dando apoio en tempo real ao endoscopista para a visualización dos pólipos de colon e para a toma de decisións terapéuticas sobre as mesmas.

InNoCBR
Daniel González
Proxecto realizado en colaboración co Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), dirixido pola Dra. Berta Uriel, e a Fundación Biomédica Galicia Sur, para a detección das infeccións nosocomiais (aquelas que se adquiren no ámbito hospitalario, pero que non están relacionadas coa patoloxía de ingreso). O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento dun sistema intelixente capaz de identificar posibles casos de infección partindo de datos proporcionados dende as bases de datos de Farmacia e Microbioloxía. Nunha segunda fase, búscase que o sistema realice un diagnóstico intelixente, para o cal busca una serie de datos en bases de Enfermaría, Laboratorio, Radioloxía e Clínica. Finalmente, proporciona esta información ao médico, e este decide se se trata dunha infección nosocomial.

PANDRUGS
Miguel Reboiro
A aplicación PANDRUGS axuda a atopar o mellor tratamento farmacolóxico para o paciente con cancro. Proporciona unha plataforma bioinformática que prioriza os tratamentos anticanceríxenos segundo os datos xenómicos do tumor. Integra 24 bases de datos e se engloba dentro do que se coñece como medicina personalizada. É una iniciativa realizada en colaboración co Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).

Proxecto Anti-Spam
Jose Ramón Méndez
Jose Ramón Méndez é especialista en seguridade informática. Continuando a liña da súa tese doutoral, na actualidade traballa no desenvolvemento dun filtro de spam que “entenda de temáticas”, no que ousuario poda axudar a clasificar aquelas que son do seu interés. O proxecto realízase en colaboración coa Universidade de Mondragón, e o obxectivo é xerar un modelo para 2019 que poda ser transferido á industria.
Dous grupos de investigación do IIS Galicia Sur participan no proxecto POLYDEEP, que persegue mellorar a diagnose dos pólipos de colon mediante técnicas de intelixencia artificial
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O proxecto “PolyDeep: Sistema intelixente de detección e clasificación en tempo real de lesións colorrectais mediante deep learning“, obtivo un financiamento de 127.171 € a través da convocatoria para proxectos de I+D+I do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade del MINECO, e desenvolverase durante os próximos tres anos.
Os grupos de investigación SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración), liderado por Florentino Fernández Riverola e GIODO (Grupo de Investigación en Oncoloxía Dixestiva de Ourense), liderado por Joaquín Cubiella, participan neste proxecto cuxa finalidade é desenvolver, mediante técnicas de intelixencia artificial e de recoñecemento de imaxes, un sistema informático capaz de realizar a detección e clasificación das lesións colorrectais, dando apoio en tempo real ao endoscopista para a visualización dos pólipos de colon e para a toma de decisións terapéuticas sobre os mesmos. Para o desenvolvemento deste sistema, é fundamental dispor dun amplo banco de imaxes de pólipos colorrectais, para o cal se conta có apoio do BIOBANCO do IISGS.
PolyDeep está liderado polos investigadores do grupo SING Daniel González Peña e Miguel Reboiro Jato e conta coa colaboración dos investigadores e investigadoras do Grupo GIODO Eloy Sánchez, Jesús Miguel Herrero, Laura Rivas, Manuel Jiménez e Rubén Domínguez.
REPERCUSIÓN MEDIÁTICA
Prensa
Intelixencia artificial para afinar ‘o bo ollo’ do endoscopista á hora de diagnosticar pólipos de colon
La UVigo y el CHUO se alían contra los pólipos de colon
Ourense diseña un sistema que detecta durante la endoscopia si un pólipo de colon es cancerígeno
CHUO y Campus de Ourense colaboran en la detección de pólipos malignos de colon
Investigadores de Ourense traballan nun sistema para a busca de pólipos no colon
Televisión
OS PROTAGONISTAS

Eloy Sánchez
IIS Galicia Sur, CHU de Ourense
Este módulo asistirá ao endoscopista que está realizando a exploración para que detecte mais pólipos e que unha vez que os vexa teña unha predición de qué se pode esperar dese pólipo e tomar decisións no momento

Joaquín Cubiella
IIS Galicia Sur, CHU de Ourense
A maior parte dos pólipos non se van malignizar, pero témolos que quitar para saber que son, o que implica un custo adicional na técnica e na análise. Por outra banda, hai pólipos moi pequenos que poden pasar desapercibidos para o ollo do colonoscopista, incluso do moi experto, e que, sen embargo, poden tener un cancro invasivo dentro. Se iso o soubéramos xa durante a colonoscopia poderíamos aplicar medidas mais agresivas que evitarían unha cirurxía no futuro

Daniel González Peña
IIS Galicia Sur, Universidade de Vigo
É un software que recibirá en tempo real as imaxes que se van obtendo co endoscopio cando se fai a colonoscopia e ese sistema irá analizando as imaxes segundo vai pasando a cámara polo tracto dixestivo e avisará ao endoscopista cando haxa un pólipo
O problema ao que nos enfrentamos é axudar ao endoscopista a detectar os pólipos e clasificalos, e saber o grado de malignidade que poderían ter eses pólipos

Miguel Reboiro Jato
IIS Galicia Sur, Universidade de Vigo
O principal obxectivo é o desenvolvemento dun sistema de diagnose asistida por ordenador, un sistema CAD. A idea deste sistema sería desenvolver un prototipo, un módulo que podamos integrar nas torres de endoscopía que utilizan habitualmente para realizar as colonoscopias e que lles aportase información adicional aos médicos.
Esta información sería de dous tipos: por un lado, queremos desenvolver un módulo de detección, que o que faría é que durante a exploración avisaría ao médico da posible presenza dun pólipo, e por outro lado teríamos un módulo de clasificación, cuxo obxectivo é, unha vez detectado o pólipo, asistir ao médico en clasificalo.

Julio García Comesaña
Gerente EOXI Ourense
É un proxecto realmente innovador, que vai supor seguro un impulso importante no ámbito da endoscopia oncolóxica
La Fundación Biomédica Galicia Sur participa en NANOeaters, un proyecto de transferencia de nanotecnología a las pymes innovadoras gallegas y del norte de Portugal
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
En una reunión celebrada esta semana se dio a conocer el estado de desarrollo de los casos de uso de la nanotecnología que cada socio está llevando cabo para luego probar en empresas gallegas y portuguesas
En la iniciativa participan el Laboratorio Internacional de Nanotecnología de Braga (INL), las universidades de Vigo y Santiago de Compostela, los centros tecnológicos Gradiant, AIMEN y CTAG y la Fundación Biomédica Galicia Sur
NaNOeaters es un proyecto que lidera Galicia, a través de la Agencia Gallega de Innovación (Gain) para la transferencia de nanotecnología a las pymes innovadoras gallegas y del norte de Portugal y en el que participan el Laboratorio Internacional de Nanotecnología de Braga (INL); las universidades de Vigo y Santiago de Compostela; los centros tecnológicos Gradiant, AIMEN y CTAG; y la Fundación Biomédica Galicia Sur.
“El proyecto NaNoeaters destaca como un ejemplo del interés y de la relevancia del trabajo científico que se desarrolla en los laboratorios de las universidades y de los centros tecnológicos de la Eurorregión para aportar soluciones efectivas a las empresas”, destacó la directora de la Agencia Gallega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, en la bienvenida a los socios participantes en la reunión de coordinación para esta iniciativa, que se celebró esta semana en la sede de Gain, en Santiago.
A Fundación Biomédica Galicia Sur despide o ano con 9 novos proxectos obtidos en convocatorias competitivas nacionais e internacionais
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
A Fundación Biomédica Galicia Sur, entidade xestora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur pecha o ano 2017 cun bo balance: 9 novos proxectos financiados mediante convocatorias competitivas nacionais e internacionais. Os proxectos resultaron concedidos en programas de investigación de axencias públicas que teñen una grande concorrencia competitiva, o que implica que de entre os centos de solicitudes presentadas, unicamente se financiaron as propostas mais ambiciosas e de maior calidade.
Trátase de sete proxectos nacionais e dous internacionais, que se desenvolverán ao longo dos próximos tres anos.
A convocatoria para proxectos de investigación da Acción Estratéxica en Saúde do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) outorgou 4 novos proxectos á Fundación Biomédica do IIS Galicia Sur:
- “A diagnose do cancro colorrectal en doentes sintomáticos na era post-cribado: validación externa de modelos preditivos baseados na concentración da hemoglobina fecal”. IP: Joaquín Cubiella, EOXI de Ourense, Grupo de Investigación en Oncoloxía Dixestiva ‘GIODO’.
- “Caracterización dos estados de baixa actividade e remisión do lupus eritematoso sistémico (LES) por expertos na enfermidade: estudo de cohortes, multicéntrico e prospectivo”. IP: Jose M Pego, EOXI de Vigo, Grupo de Investigación en Reumatoloxía e Enfermidades Inmuno-Mediadas ‘IRIDIS’.
- “Desenvolvemento da minaría de procesos para a avaliación de vías rápidas de diagnóstico”. IP: Modesto Martínez, EOXI de Pontevedra, Grupo de E-Saúde en Áreas de Xestión Integrada.
- “HeNeBra: Biomarcadores temperáns para adaptar o tratamento radioterápico en tumores de cabeza e colo e metástases cerebrais”. IPs: Víctor Muñoz e Antonio López-Medina, Grupo de Imaxes Funcionais e Nanotecnoloxía en Cancro.
Arranca o proxecto NANOeaters, no que participa o Grupo de Oncoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada, Uncategorized
O Grupo de Oncoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur, liderado polo Dr. Joaquín Cubiella, participa nesta iniciativa, que ten como obxectivo é a definición de novos produtos e servizos, susceptibles de explotación comercial, que ofrezan respostas efectivas aos retos da Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (RIS3T).
NANOeaters busca transferir ás empresas desta Eurorrexión solucións nanotecnolóxicas desenvoltas polos centros tecnolóxicos galegos e o Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL).
Reunión de lanzamento de NANOeaters
Visita nuestras redes sociales