A Fundación Biomédica Galicia Sur xestiona a realización de probas COVID mediante o sistema pooling para os empregados do sector da automoción. As primeiras 400 probas realizáronse xa esta semana e seguirán facéndose ata acadar unha cifra próxima ás 11.000.
O sistema pooling para a detección do virus, en cuxa utilización foi pioneira en España a Área Sanitaria de Vigo, xa dou excelentes resultados no seu uso tanto en residencias de maiores e de persoas discapacitadas da Área, coma en persoal sanitario e sociosanitario. Unha vez cribado o persoal sanitario mediante este sistema, ponse en marcha a iniciativa mediante un acordo entre a patronal do sector da automoción e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
Visita nuestras redes sociales