O balance non pode ser máis importante. E chea de orgullo e satisfacción polo traballo ben feito a todos cuantos participan no proxecto Pooling para detección de casos de de o SarsCov-2 na poboación.
O xefe do servizo de Microbiología da área Sanitaria de Vigo, Benito Regueiro, responsable do Pooling, considera que desde que comezou a funcionar de maneira asidua, a finais do verán pasado, as técnicas e os equipamentos permitiron detectar uns 700 casos de Covid-19 en empresas da contorna de Vigo e en distintos colectivos sociosanitarios de Galicia.
Os datos, a forma de funcionar, a implantación dun sistema pioneiro de traballo para a detección do virus son algúns dos factores que inflúen en que esta técnica de detección mediante saliva e agrupamento de mostras, ademais de pioneira en España, estea considerada como un referente pola Organización Mundial da Saúde.
Cribados
A pesar diso, Benito Regueiro móstrase preocupado pola circunstancia actual, na que se observa unha participación á baixa nas probas de cribado masivo da poboación. “Iso pode provocar que volvan proliferar os contagios”, comenta.
Ao mesmo tempo, pon de relevo que o virus aínda non se enfrontou de forma directa coas vacinas e atisba que nese momento, o seu comportamento cambiará, polo que recomenda estar moi atentos e non baixar a garda coas medidas de protección.
Visita nuestras redes sociales