As nosas investigadoras e investigadores nos medios: a Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria da área sanitaria de Vigo
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
La Unidad Docente Multidisciplinar de Primaria es la mayor de Galicia, con 24 plazas ofertadas este año, y ha formado a 236 médicos de familia en Vigo a lo largo de 12 años. Participan en esta Unidad investigadoras del Grupo de I-Saúde del IIS Galicia Sur, entre ellas Ana Clavería (responsable del grupo), Clara González y María Victoria Martín. Esta última, jefa de estudios, considera que hay dos razones principales para que Vigo sea una interesante opción para formarse como médico de familia: la gran dedicación y vocación de los tutores, y la implicación de Ana Clavería, especialista en Medicina Preventiva, que lidera la actividad investigadora en la Atención Primaria del área de Vigo y también en la Unidad Docente. Su apoyo para el desarrollo curricular en investigación permite que culminen con un proyecto de investigacion que defienden ante un tribunal externo y que opta a un premio. Estos proyectos se publican en la revista Cadernos. Los residentes se entrenan de esta forma en el manejo de la información científica con trabajo de búsquedas bibliográficas y lectura crítica y buscan soluciones para mejorar la atención, la salud y responder a necesidades de Primaria.
Investigadores do IIS Galicia Sur organizan as II Xornadas de Actualización en Anatomía Patolóxica
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Hoxe celebrase no pazo de Cea, en Nigrán, a II Xornada de Actualización en Anatomía Patolóxica, que nesta edición adicarase á patoloxía testicular e infertilidade. Asisten mais de 80 especialistas en Anatomía Patolóxica de toda España e tamén doutros países. Destacan as ponencias invitadas do Dr. Manuel Nistal, profesor do Departamento de anatomía, histoloxía e neurociencia da Facultade de Medicina da Autónoma de Madrid, e da Dra. Pilar González-Peramato, do Hospital Universitario La Paz, que é tamén profesora do Departamento de Anatomía Patolóxica da Autónoma de Madrid. O cartel complétase con outros dous relatores, que proceden do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo: a doutora de Anatomía Patolóxica Pilar San Miguel Fraile e o doutor José Manuel Barros, do servicio de Uroloxía.

Os Drs. Jose Antonio Ortiz e Pilar San Miguel Fraile, investigadores do IIS Galicia Sur, organizan estas xornadas// Foto: Atlántico Diario
Grupos do IIS Galicia Sur patentan un test para detectar alzheimer, depresión e esclerose múltiple en sangue
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Os grupos de Neurociencia Traslacional e TeamNanoTech do IIS Galicia Sur levan anos colaborando estreitamente para tratar de conseguir un sistema que permita realizar un diagnóstico precoz da enfermidade de Alzheimer. O traballo dou os seus froitos e conseguiron desenvolver un test que permitirá detectar esta enfermidade cunha simple análise de sangue. A detección temperá da enfermidade é esencial para poder adoptar medidas para frear a súa evolución ou atrasar a súa aparición. Este test foi patentado recentemente e poderá ser de aplicación ademais para pacientes con depresión e esclerose múltiple.
O IIS Galicia Sur reforza as súas plataformas de Xenómica e Bioloxía Celular coa incorporación de equipamento punteiro para a análise de ácidos nucleicos por PCR Dixital
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
-
O novo equipamento obtívose grazas á convocatoria competitiva para infraestruturas do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
-
Permitirá o desenvolvemento de novas liñas e proxectos de investigación punteiros a grupos de investigación do IIS Galicia Sur e da súa contorna
O IIS Galicia Sur incorpora ás súas instalacións novo equipamento punteiro, obtido grazas á subvención concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades na convocatoria de adquisición de equipamento científico-tecnolóxico 2018. A proposta presentada, “Fortalecemento e integración das plataformas de Xenómica e Bioloxía Celular mediante técnicas avanzadas de fraccionamento celular para a análise de ácidos nucleicos por Dixital PCR”, financiarase con case 300.000 € que se destinarán á adquisición de tres equipos (ultracentrífuga, bioanalizador e PCR Dixital) que permitirán a aplicación de técnicas avanzadas de fraccionamento celular para a análise de ácidos nucleicos (ADN e ARN).
A investigadora que lidera a proposta, Eva Poveda, responsable do Grupo de Viroloxía e Infectoloxía do IISGS, considera que “a incorporación destas novas plataformas ao Instituto producirá un gran salto de calidade para os nosos proxectos de investigación” e que “este equipamento permitirá desenvolver proxectos máis innovadores no IISGS, mellorando a relevancia e transferencia de resultados, e aumentará as sinerxías entre grupos e as colaboracións coa contorna industrial”. Diversos grupos do Instituto serán usuarios directos das novas infraestruturas, coma os grupos de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica, Neurociencia Traslacional, Microbioloxía e Infectoloxía, Patoloxía Dixestiva e Inmunoloxía. Ademais, dada a versatilidade do novo equipamento, moitos outros grupos internos e externos ao IISGS poderán beneficiarse do seu uso para ser máis competitivos nas súas respectivas áreas de coñecemento. Entre as entidades que xa manifestaron o seu interese nesta tecnoloxía están o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, o Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBIS), o Hospital Universitario Germans Trias i Pujol, o Centre de Recherche en Myologie de París e o University Hospitals Cleveland Medical Centre, de EE. UU.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «entrevista a Carlos Spuch no periódico “Nosotros”»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O investigador Carlos Spuch (Grupo de Neurociencia Traslacional) trasládanos nesta entrevista realizada polo periódico “Nosotros” a súa visión sobre a investigación en demencias en Galicia e nos comenta os principais obxectivos da Rede Galega de Investigación en Demencias, REGIDEM, da que é coordinador.
Os grupos do IIS Galicia Sur acadan financiamento do Instituto de Salud Carlos III para pór en marcha tres novos proxectos
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Os proxectos van dirixidos a estudar o impacto social da EPOC, a prevención da depresión nas empresas e os deterioros cognitivos en pacientes con depresión
A cantidade total da subvención para estas investigacións ascende a 180.000 euros
Na convocatoria presentáronse en torno a 1.800 solicitudes de entidades sanitarias e universitarias de toda España, das que só un terzo acadaron o seu obxectivo
REPERCUSIÓN MEDIÁTICA
O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur porá en marcha tres novos proxectos de investigación grazas á exitosa participación dos seus grupos na convocatoria para Proxectos de Investigación da Acción Estratéxica en Saúde 2018. Os grupos NeumoVigoI+i, Neurociencia Traslacional, e I-Saúde son os beneficiarios destas axudas, e recibirán en conxunto 180.000 € que lles permitirán pór en práctica as súas propostas a comezos de 2019.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «proxecto socioEPOC, grupo NeumoVigo I+i»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O grupo NeumoVigo I+I, da EOXI de Vigo e o IIS Galicia Sur, desenvolve unha ferramenta para predicir a evolución da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) segundo as condicións sociais. Esta iniciativa permitiulles obter financiación do Instituto de Salud Carlos III para levar a cabo un novo proxecto de investigación nos próximos 3 anos.
O curso “Novos Retos na Infección por VIH” reúne en Vigo a expertos nacionais e internacionais no ámbito da infección por VIH
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada

A iniciativa “Vigo Contra o Cancro” elixe o estudo BREOGÁN, coordinado dende o IIS Galicia Sur, para destinar os fondos da súa VI Carreira
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Este ano, Vigo correrá para apoiar a investigación sobre o cancro de mama. A “VI Carreira Vigo Contra o Cancro” destinará os fondos recadados á iniciativa BREOGAN (Consorcio Galego de Cancro de Mama), promovida polo IIS Galicia Sur, en concreto ao seu proxecto europeo BRIDGES.
Visita nuestras redes sociales