SERGAS e Fundación Biomédica Galicia Sur participan no proxecto europeo PERSIST
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O proxecto PERSIST, coordinado por Gradiant, combinará o expertise de 13 socios para desenvolver unha plataforma innovadora que apoiará a toma de decisións médicas para mellorar a atención dos superviventes de cancro.
Neste proxecto, que arrancará oficialmente en xaneiro de 2020 coa primeira reunión do consorcio en Vigo, mais de 50 expertos de Europa e Turquía investigarán sobre os problemas que atopan os pacientes que sobreviven ao cancro, concretamente no cancro de mama e no colorrectal.
O consorcio, formado por socios de España, Italia, Austria, Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Suiza, Portugal, Bélxica e Turquía, está financiando pola Unión Europea con mais de 5 millóns de euros, no marco do programa Horizonte 2020. España recibirá o 35% da financiamento.
Dentro dos socios españois que participan no proxecto, o Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense – SERGAS é o único centro que incluirá pacientes nos estudo a nivel nacional. Participarán no proxecto investigadores do grupo Oncoloxía Dixestiva e a Unidad de Metodoloxía del IISGS.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «Investigación sobre o cancro de páncreas. Entrevista a Mónica Francisco (Grupo de Oncoloxía Dixestiva)»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
“O cancro de páncreas é un dos mais letais pero dos que menos axudas ten para investigación” afirma nesta entrevista Mónica Francisco González, responsable da unidade de páncreas da Área Sanitaria de Ourense e integrante do Grupo de Oncoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur. Por isto, chama á participación na Carreira das cidades contra o cancro de páncreas, que se celebrará en grandes urbes o 24 de novembro e tamén en vilas, coma Vilamartín de Valdeorras. O importe das inscripcións doarase á investigación sobre esta enfermidade.
O Grupo de Xenómica do Cáncer publica un novo artigo en ‘Nature Communications’ no que reconstrúen a nivel xenómico a evolución dun cancro colorrectal
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
David Posada, investigador responsable do Grupo de Investigación en Xenómica do Cancro do IIS Galicia Sur, descríbeo como “o primeiro artigo importante que resulta do noso proxecto ERC”. Publicado baixo o título Rapid evolution and biogeographic spread in a colorectal cancer, a publicación recolle o traballo desenvolvido xunto aos investigadores posdoutorais do seu grupo no Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo, Joao M Alves e Sonia Prado, e en colaboración con Jose Manuel Cameselle, patólogo do Hospital Clínico de Santiago. A investigación reconstrúe a partir das análises xenómicas a historia evolutiva dun cancro colorrectal e a súa expansión metastásica.
O Grupo de Patoloxía Dixestiva organiza unha nova edición do Seminario sobre Enfermidade Inflamatoria Intestinal
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada

O pasado sábado celebrouse no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a terceira edición do Seminario sobre Epidemioloxía na Enfermidade Inflamatoria Intestinal, que reuniu a medio centenar de especialistas nesta enfermidade. O evento estivo coordinado polo Dr. Vicent Hernández, investigador responsable do Grupo de Patoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur.
O interese na epidemioloxía da Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII) naceu en 1983 do traballo dun grupo de gastroenterólogos galegos, liderados polo facultativo vigués Víctor Ruiz Ochoa, que describiron a incidencia da Enfermidade de Crohn en Galicia, entón unha patoloxía practicamente descoñecida. O Dr. Ruiz Ochoa foi pioneiro do interese galego por este tipo de enfermidades e por isto, os participantes da reunión rendéronlle unha merecida homenaxe no transcurso da xornada. Unha distinción que se plasmou en que a reunión se denominará nas próximas edicións “Seminario Víctor Ruiz Ochoa sobre Epidemioloxía na Enfermidade Inflamatoria Intestinal”. Seguir Lendo
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «O Laboratorio de Neurociencia aporta novos datos sobre como se produce a regulación da temperatura corporal»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Investigadores do Laboratorio de Neurociencia da Universidade de Vigo e o IIS Galicia Sur acaban de publicar o artigo “Ion Channels and Thermosensitivity: TRP, TREK, or Both?” na revista International Journal of Molecular Sciences. Asinado por Jose Antonio Lamas, investigador responsable do laboratorio, e os integrantes do grupo Lola Rueda e Salvador Herrera, o artigo explica como a termorregulación implica tanto estruturas do sistema nervioso central (hipotálamo) como estruturas do sistema nervioso periférico, do que forman parte os termorreceptores que se aloxan maioritariamente baixo a pel. Por outra banda, tamén se demostrou a presenza de receptores sensibles á temperatura no sistema nervioso autónomo, que se encarga do control visceral.
Esta revisión recopila información actualizada sobre os canles iónicos TRP implicados na regulación da temperatura nos mamíferos e aporta novos datos sobre o papel das canles TREK nestes mecanismos.
Ver noticias:
Investigadores do IIS Galicia Sur participan nun estudo sobre hipertensión arterial publicado na revista con maior impacto en cardioloxía
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada

A European Heart Journal, revista de maior impacto mundial no ámbito da cardioloxía, acaba de publicar o artigo “Bedtime hypertension treatment improves cardiovascular risk reduction: the Hygia Chronotherapy Trial“, entre cuxos autores figuran os investigadores do IIS Galicia Sur Manuel Domínguez Sardiña (Grupo I-Saúde) e Alfonso Otero (Grupo Nefro-Proteómica).
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «Ana Pastor, xefa de Neurocirurxía no CHUO, forma a médicos en Níxer»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
A Dra. Ana Pastor, xefa de Neurocirurxía do CHU de Ourense e responsable do grupo de Neurociencias Clínicas do IIS Galicia Sur, viaxou a África para formar a médicos autóctonos no centro sanitario de Niamey, capital de Níxer. O seu traballo centrouse en axudar e formar aos médicos para tratar a pacientes politraumatizados.
A Reunión da Rede Europea de Investigación en Primaria congrega en Vigo a mais de 170 profesionais
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
A cita mundial da Atención Primaria tivo lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo durante os pasados días. Baixo o lema “Medicina de Familia e comunidade: investigación sobre os servizos de saúde, melloras de calidade e formación” celebrouse a 89ª edición da Rede Europea de Investigación en Medicina de Familia (EGPRN, polas súas siglas en inglés) na que participaron mais de 170 especialistas de todo o mundo.
A reunión estivo coordinada por Ana Clavería, investigadora responsable do Grupo I-Saúde e formaron parte do comité organizador, entre outros, Susana Aldecoa, Francisco Represas, Fernando Lago Deibe e Clara Guede, integrantes tamén do grupo.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «Peixes mutantes para estudar as enfermidades raras» Diana Valverde, Grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
A investigadora do IIS Galicia Sur Diana Valverde (Grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica) lidera a investigación dun grupo de especialistas internacionais cuxos resultados confirman a idoneidade do peixe cebra para estudar múltiples modelos biolóxicos, entre eles, para a realización de estudos xenéticos sobre enfermidades raras.
O estudo ven de publicarse na revista Scientific Reports Nature, nun artigo que conta entre os asinantes con outras dúas autoras do IIS Galicia Sur: Sheila Castro e María Álvarez-Satta. Participan ademais investigadores do grupo Aquabic do CSIC de Vigo e o Instituto Pasteur de Uruguay.
PRENSA |
Visita nuestras redes sociales