
O proxecto PERSIST, no que participan SERGAS e Fundación Biomédica Galicia Sur, celebrou recentemente a súa reunión de lanzamento, que tivo lugar nas instalacións de Gradiant. O encontro, no que participaron 40 expertos europeos, permitirá ao consorcio establecer os primeiros pasos sobre os puntos clave a investigar para coñecer en profundidade os problemas que se atopan os pacientes que sobreviven ao cancro de mama e colorrectal.
PERSIST combinará a intelixencia artificial e o Big Data para mellorar a atención dos pacientes superviventes de cancro. Para isto contará cos coñecementos e experiencia dun consorcio formado por entidades de España, Italia, Austria, Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Suiza, Portugal, Bélxica e Turquía para o desenvolvemento dunha plataforma innovadora que apoie a toma de decisións médicas e mellore la atención aos superviventes. Está financiando pola Unión Europea con mais de 5 millóns de euros no marco do programa Horizonte 2020, dos que España recibirá o 35% do financiamento total.
Dentro dos socios españois que forman parte do proxecto, o Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense – SERGAS é o único centro que incluirá pacientes no estudio a nivel nacional. Participan en PERSIST os investigadores Mercedes Salgado, Jesús García Mata, Jesús García Gómez, oncológos do CHU de Ourense e integrantes do grupo Oncoloxía Dixestiva e os membros da Unidade de Metodoloxía do IIS Galicia Sur, Ángel Salgado Barreira, Cristina Martínez Reglero e Emilia Balboa Beltrán.
Visita nuestras redes sociales