A maioría dos laboratorios oriéntanse a iniciativas contra o COVID-19 dende os seus ámbitos de traballo ou reorientado as súas actividades habituais. Neste caso é o Grupo de Novos Materiais da UVigo, integrado no IIS Galicia Sur, o que se envorca na elaboración de máscaras de protección para os nosos sanitarios. Unha actuación dirixida polo catedrático Pío M. González, que pretende aportar o seu propio graniño de area na loita contra a pandemia.
As novas tecnoloxías, ao servizo do paciente
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Especialistas de la Unidad de Insuficiencia Cardíaca del Hospital Álvaro Cunqueiro han iniciado una campaña “on line” con consejos para pacientes que tienen esta patología. Mediante vídeos que se comparten en la plataforma “Youtube” pretenden divulgar pautas a seguir por parte de los enfermos. En el primero interviene el cardiólogo David Dobarro (del Grupo de Investigación Cardiovascular) y colabora el doctor Carlos Pascual, de la Unidad de Cardiogeriatría, ubicada en el Hospital del Meixoeiro y que pertenece al Grupo de Envejecimiento Como complemento a este canal, que se denomina “Insuficiencia Cardíaca Vigo” han elaborado una guía escrita que está a disposición de los pacientes en las consultas.
Entrevista publicada no Faro de Vigo coa investigadora do IIS Galicia Sur, Saida Ortolano, na que debulla algúns dos avances que se producen nos proxectos que leva a cabo sobre as causas das enfermidades raras, e mais concretamente, sobre o estudo e tratamento da enfermidade de Fabry. Saida Ortolano e o seu equipo de colaboradoras, pertencen ao Grupo de Investigación de Enfermidades raras e medicina Pediátrica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
O atractivo do IIS Galicia Sur para investigadores foráneos
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O traballo desenvolvido dende O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur resulta atractivo tamén para investigadores doutras nacionalidades. Así se amosa na información publicada por Faro de Vigo sobre o persoal que presta servizo na Área Sanitaria de Vigo e que procede doutros países. Na noticia, a presencia de investigadores do IIS Galicia Sur, é notable. A internacionalización das investigacións que se levan a cabo no Instituto plásmase tamén nas mais de 870 publicacións realizadas en colaboración con grupos de investigación de diversos países durante os últimos anos.
O Grupo de Oncoloxía Translacional consegue a primeira bolsa “Javier Castellanos”
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
A doutora Isaura Fernández, membro do Grupo de investigación de Oncoloxía Translacional del IIS Galicia Sur, desenvolverá unha investigación sobre os gliomas, tumores cerebrais pouco coñecidos e moi pouco explorados. Farao mercé á concesión da primeira bolsa “Javier Castellanos”, que outorga a Sociedade Galega de Oncoloxía.
A confirmación da axuda para o proxecto tivo lugar no recente simposio de oncoloxía de precisión que se celebrou en Vigo. A finalidade do estudo é afinar na diagnose destes tumores para precisar a súa agresividade e poder pautar os tratamentos mais axeitados.
O IIS Galicia Sur estrea tecnoloxía para a detección precisa en mostras complexas
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O IIS Galicia Sur acaba de poñer a punto o novo equipamento incorporado ás plataformas de Xenómica e Bioloxía Celular. Trátase dunha PCR Dixital (Droplet Digital PCR), técnica punteira que permite a detección e cuantificación precisa de cantidades mínimas de moléculas de ADN ou ARN en mostras moi heteroxéneas ou complexas (e, incluso, degradadas). É una tecnoloxía de uso multidisciplinar que abrangue un amplo abanico de aplicacións: estudos de biopsia líquida, análises de alteracións xenéticas, coñecer con precisión a efectividade dun fármaco, descartar a presencia de bacterias e virus, realizar tests microbiolóxicos para a industria agraria ou estudos de potabilidade da auga, entre outros. A responsable da Unidade de Xenómica, Irene Viéitez, e a investigadora que coordinou a proposta de éxito para obter o financiamento do equipamento, Eva Poveda (Grupo de Viroloxía e Patoxénese), explican nesta noticia o funcionamento e aplicacións da nova técnica.
Joaquín Cubiella premiado por Redacción Médica coma un dos mellores médicos de Galicia
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O Dr. Joaquín Cubiella, gastroenterólogo do CHU de Ourense e líder do Grupo de Oncoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur recibiu a semana pasada o galardón que entrega o periódico, na categoría de médico, na IV Edición de los Premios á Sanidade de Galicia. Estes premios teñen o obxectivo de recoñecer as iniciativas de maior interese, as mellores prácticas e as traxectorias mais destacadas do sector en Galicia.
«Los médicos de Ourense tenemos que creer, aquí se pueden hacer cosas brillantes»
Alumnos de Bacharelato do Instituto Politécnico de Vigo visitan o IIS Galicia Sur
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Estudantes de Bacharelato do Instituto Politécnico de Vigo realizaron unha visita ás instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Foron case setenta os alumnos, de dúas clases diferentes do mencionado centro, os que percorreron, guiados por distintos investigadores, a maioría das dependencias, tecnolóxicas e científicas das que consta a sede central do IIS Galicia Sur.
As investigadoras Susana Teijeira e Saida Ortolano encargáronse de coordinar a visita e contaron coa axuda dos científicos que desenvolven a súa labor en cada área na que estiveron os alumnos: Irene Viéitez, Eva Poveda, Carlos Spuch, Vanesa Val, Olga Souto, Clara Póvoa, Roberto Agís e César Veiga.
Esta actividade enmárcase nas tarefas de divulgación a estudantes que leva a cabo o Instituto.
11-febreiro Día Internacional da Muller na Ciencia: entrevista a Eva Poveda (Grupo Viroloxía y Patoxénese)
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Visita nuestras redes sociales