• Celebrado no Hospital Álvaro Cunqueiro, reuniu a especialistas en oncoloxía da sanidade pública galega e a persoal investigador dos tres institutos da Comunidade
• Ademais da posta en común das súas experiencias, o Foro culmina co desexo de ampliar a súa participación a outras especialidades, co fin de establecer sinerxias interdisciplinares
Vigo, 13 de xuño de 2023. Poñer en común as diferentes liñas de investigación que se están desenvolvendo nos distritos complexos hospitalarios universitarios de Galicia no ámbito da oncoloxía e o aproveitamento de sinerxias que se poidan establecer neste ámbito médico, foi o eixo esencial do II Foro de Investigación Traslacional de Galicia celebrado no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro (CHUVI) e organizado polo Servizo de Oncoloxía Médica do devandito hospital e o Grupo de Oncoloxía Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).
A xornada iniciouse cunha exposición das principais liñas de traballo en investigación oncolóxica en Galicia, nunha meda moderada polo doutor Martín Lázaro Quintela, investigador co-responsable do Grupo de Oncoloxía Traslacional, e na que participaron as doutoras e doutores Mónica Martínez Fernández (investigadora do devandito grupo), Angélica Figueroa – Conde Balvís, do Instiituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Anxo Díaz Lagares, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e Pilar Canoa Román, da Unidade de Investigación do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo (HULA).
Visita nuestras redes sociales