O financiamento da Xunta de Galicia a través do programa Traslaciona COVID-19, que xestiona ACIS tivo como protagonista ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur na reportaxe que emitiu a TVG no informativo do domingo ao mediodía.
O director científico do IIS Galicia Sur, José Ramón Fernández Lorenzo, foi o encargado de explicar en dita reportaxe o contido xeral dos proxectos que foron seleccionados por ACIS, dos que catro son do IISGS.
O doutor Fernández Lorenzo destacou a importancia da investigación na loita contra o coronavirus, tanto dende o punto de vista do comportamento e coñecemento do virus como dende as posibles técnicas tanto clínicas como científicas que contribúan a paliar os seus efectos nos pacientes.
Visita nuestras redes sociales