• O traballo basease nun estudio previo no que se descubre un novo estreptococo, o: Streptococcus downii sp. nov.
• O nome deste estreptocopo supón unha homenaxe ás persoas con síndrome de Down, xa que se descubriu na placa dental dun individuo con esta síndrome
• Pode ser un eficaz probiótico contra a carie e a enfermidade peridontal que chegue a substituír aos antibióticos tradicionais
Vigo, 29 de xuño de 2023. A doutora en Farmacia do Servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo e investigadora do Grupo Microbioloxía e Infectoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Lucía Martínez Lamas, é a investigadora principal do proxecto denominado, Streptococo downii: un nuevo probiótico para salud oral; un proxecto que ten como obxectivo principal avaliar a seguridade do estreptococo downii, e dos compostos bioactivos derivados, como tratamento de infeccións na cavidade oral, como a carie e a periodontite.
Este traballo parte dunha investigación previa realizada dende 2018 que culminou co descubrimento do Streptococo downii pola propia Lucía Martínez, en colaboración co doutor Pedro Diz, investigador do IDIS e director da Unidade de Odontoloxía para pacientes con necesidades especiais da USC, e do doutor Maximiliano Álvarez, que, ao igual que Lucía Martínez, pertence ao Grupo Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur.
Visita nuestras redes sociales