
De esquerda a dereita: César Veiga, investigador senior do Grupo de Investigación Cardiovascular do IISGS, doutor Víctor Jiménez, Eva Poveda, directora científica del IISGS, doutor Andrés Íñiguez, xefe do Departamento de Cardioloxía do CHUVI e doutor Juan Granada, presidente e CEO de la Cardiovascular Research Foundation (EE.UU.) e profesor asociado na Facudade de Medicina da Universidade de Columbia.
• Reuniu en Vigo, entre os días 6 e 9 de febreiro, a expertos nesta área da saúde a nivel internacional e puido ser seguido en streaming por todo o mundo
• Eva Poveda, directora científica do IIS Galicia Sur participou nestas xornadas definindo o papel dos institutos de investigación como motores da investigación no ámbito da saúde
Organizado polo Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, co apoio da Fundación Interhospitalaria de Investigación Cardiovascular (FIC), o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e a Fundación Biomédica Galicia Sur; desenvolveuse en Vigo, entre os días 6 e 9 de febreiro, o IV Simposio INNOVA-VIGO 2023, que reuniu a investigadores e médicos referentes en cardioloxía a nivel nacional e internacional co fin de actualizar o avance no coñecemento da patoloxía cardiovascular e coñecer as innovacións con valor engadido en prevención, diagnóstico, terapéutica farmacolóxica ou intervencionista da devandita patoloxía. Este simposio foi inaugurado polo Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña.
Así, ao longo destes cinco días, especialistas en cardioloxía e outros profesionais médicos (españois, suízos, norteamericanos, británicos e de varios países de Latinoamérica) tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os últimos avances neste terreo e, a través das mesas redondas establecidas, poñer en común experiencias e os resultados de proxectos de gran impacto en investigación e innovación nesta área da cardioloxía.
Visita nuestras redes sociales