O proxecto europeo PERSIST acaba de estrear canal en YouTube e faino compartindo unha serie de vídeos explicativos sobre o papel de cada unha das entidades participantes.
O Dr. García Mata, investigador que lidera a participación do SERGAS e membro do Grupo de Oncoloxía Dixestiva (GIODO) do IIS Galicia Sur explica brevemente neste vídeo o papel do IISGS no proxecto e os principais resultados que agardan obter.
Visita nuestras redes sociales