As medidas de protección que se empregan para combater a pandemia da COVID-19 provocaron un descenso inusitado no número de infeccións respiratorias en pacientes en idade pediátrica. Así o consta a xefa de hospitalización do servizo de Pediatría do CHUVI, a doutora Mar Portugués.
A redución chegou ao extremo que, segundo a doutora Portugués, durante o pasado ano, desde que se declarou a pandemia, non se produciu hospitalización algunha de nenos ou nenas afectados de bronquiolitis, unha das infeccións respiratorias máis frecuentes nesa idade. Os ingresos en anos anteriores por bronquiolitis chegaron aos 200 casos.
Do mesmo xeito, constatouse que as urxencias pediátricas reducíronse ata un 40% no mesmo período de tempo. “Nunca na miña carreira profesional hei visto unha situación igual”, explica Mar Portugués, investigadora do Grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica do IIS Galicia Sur.
Visita nuestras redes sociales