● O Grupo de investigación IRIDIS-VIGO do IISGS e o servizo de Reumatoloxía organizaron un evento on line dirixido a pacientes con esta patoloxía
● A sesión, baixo o título de “A Síndrome de Sjögren nos tempos da COVID19”, organizouse en colaboración coa asociación española de enfermos coa síndrome en contou co aval de Interés Social da Sociedade Galega de Reumatoloxía
● Participaron profesionais de enfermaría e facultativos de Reumatoloxía, Estomatoloxía, Cirurxía Maxilofacial e Medicina Preventiva
● Na sesión interviron preto de 100 persoas de Galicia, do resto de España e algunhas de Iberoamérica
● Na Área Sanitaria de Vigo están en seguimento polo servizo de Reumatoloxía máis de 200 pacientes con Síndrome de Sjögren primaria
A Área Sanitaria de Vigo sumouse onte aos actos organizados con motivo do Día Mundial da Síndrome de Sjögren. O evento consistiu nunha sesión on line, que estivo orientada principalmente aos pacientes que sofren esta patoloxía.
A charla estivo organizada polo Grupo de Investigación IRIDIS, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, en colaboración coa Asociación Española de Síndrome de Sjögren (AESS) e coa Sociedade Galega de Reumatoloxía. A presidenta da AESS, Jenny Inga, participou no acto de apertura xunto co reumatólogo do CHUVI e coordinador do Grupo IRIDIS-VIGO, José María Pego.
“A Síndrome de Sjögren en tempos da COVID19” foi o título xenérico da sesión na que se analizou, desde distintos puntos de vista clínicos, a situación desta enfermidade nestes tempos e o impacto da pandemia nos enfermos que padecen este trastorno autoinmunitario. Participaron profesionais da enfermaría e facultativos de Reumatoloxía, Estomatoloxía, Cirurxía Maxilofacial e Medicina Preventiva, entre outros.
Visita nuestras redes sociales