• O responsable do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur cualifica ao virus como unha “máquina molecular extraordinaria”
• Como xefe do servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo traballa co virus desde que se coñeceron os primeiros datos da pandemia
Benito Regueiro, responsable do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur e xefe do servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo é un dos principais científicos de Galicia na investigación relacionada co COVID 19. Está considerado, ademais como un dos expertos nacionais na materia.
Nunha entrevista publicada recentemente, Benito Regueiro realiza unha perfecta disección do funcionamento e da evolución do virus primitivo e de como este se foi adaptando ás diferentes barreiras que a poboación mundial adoptou para evitar a súa propagación: confinamentos, restricións, uso de máscaras ou vacinas. Non en balde, leva investigando sobre o Covid 19 desde que se tiveron as primeiras noticias da súa existencia a nivel mundial.
Regueiro define ao SarsCov2 como unha “máquina molecular extraordinaria” pola capacidade de mutación que ten para sortear a acción dos humanos para evitar os contagios.
Frases como “o virus ten unha habilidade tremenda de recombinación e sáltase as limitacións que lle impón a xenética evolutiva” ou “as combinacións de mutacións que pode establecer son superiores ao número de átomos do universo”, poñen de relevo o gran interese que ten a entrevista e o coñecemento que desenvolveu Benito Regueiro sobre este virus.
Visita nuestras redes sociales