No traballo participaron os doutores Manuela Gago e Ángel Carracedo, do IDIS-Fundación Galega de Medicina Xenómica, e Esteban Castelao, o Grupo de Oncoloxía Xenética, Radiobioloxía e Radiointeracción do IIS Galicia Sur. Este equipo é o que dirixe p consorcio gallego de cancro de mama BREOGAN (BREast Oncology GAlician Network), que interviu neste importante estudo internacional sobre a xenética do cancro de mama.
Moitas pacientes galegas formaron parte do estudo que confirmou a importancia de 9 xenes clave na predición do risco de cancro de mama. “O traballo concluiu que estes xenes son os máis útiles, desde o punto de vista clínico, para a sua inclusión nos test de predición de risco e mellora así o consello xenético a pacientes e familiares”, explica o doutor Esteban Castelao, do IIS Galicia Sur.
Visita nuestras redes sociales