Unha representación das Investigadoras do IISGS que impartirán as actividades programadas co gallo do 11 de Febriero en diferentes colexios e centros docentes da provincia de Pontevedra
• Con motivo do 11 de Febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, preto de mil nenas e nenos participarán nestas actividades que se celebrarán en escolas e centros educativos da provincia entre o 6 e ó 10 de febreiro
Investigadoras e científicas do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur participarán entre os días 6 e 10 de febreiro en diferentes actividades en escolas e centros de ensino da provincia de Pontevedra, co fin de divulgar e sensibilizar ás nenas e nenos sobre o traballo das mulleres que se dedican profesionalmente ás áreas científicas e axudar a crear referentes femininos para a infancia e a mocidade que poidan contribuír á elección destas áreas como futuras carreiras profesionais.
Así, estas actividades consistirán en charlas formativas e mesmo xogos e pequenas experiencias científicas que abrangan, dende facer patente o extenso labor científico e de investigación de mulleres ao longo da historia até compartir a súa experiencia vocacional persoal, pasando por explicar como funciona un centro de investigación e en que consiste o traballo dunha científica.
Visita nuestras redes sociales