O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e a USC patentaron un kit para realizar un diagnóstico temperán e moi temperán da artrite reumatoide, o que permitirá comezar o tratamento precozmente e mellorar así o prognóstico destes pacientes. O IP do proxecto é o Dr. Jose Maria Pego, reumatólogo do CHUVI e investigador responsable do Grupo IRIDIS (Reumatoloxía e Enfermidades Inmuno-Mediadas), en colaboración con Óscar Cordero (USC), e Rubén Varela Calviño (CHU de Santiago). A idea xurdiu dun estudo publicado en 2015 na prestixiosa revista PLOS ONE, no que descubriron que o 80% dos pacientes con artrite reumatoide tiñan anticorpos anti CD-26, que plantean usar coma biomarcadores para detectar a enfermidade nas súas fases mais temperás. O resultado protexeuse mediante patente para poder levalo ao mercado tras una fase de validación que desenvolverán nos próximos dous meses.
Investigadoras do grupo ESVITER publican un estudo sobre a eficacia das augas mineromedicinais en pacientes con fibromialxia
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Reyes Pérez y Natalia Calvo, investigadoras do grupo ESVITER do IIS Galicia Sur // Foto: DUVI
Ademais das autoras do grupo ESVITER, firman tamén o artigo Cristina Martínez e Ángel Salgado, da Unidad de Metodología y Estadística del IISGS e Jose Luís Muiño, do Centro de Saúde A Cuña-Mariñamansa. Un avance dos resultados do estudo, que se desenvolveu ao longo dun ano, presentouse en 2018 coa colaboración do Concello de Ourense e agora se recollen os datos completos na International Journal of Biometeorology. Reyes Pérez sinala cómo este estudo é pioneiro no seu eido «é moi importante porque amosa como o efecto terapéutico da auga mineromedicinal das Burgas é moi eficaz, xa que pode durar ata oito meses, e revalida que unha terma pública pode ser empregada pola cidadanía para a mellora da súa calidade de vida e da súa saúde».
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: o Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía patenta un protector contra a carie
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Os microbiólogos Maximiliano Álvarez, Lucía Martínez e as investigadoras Clara Póvoa e Mónica Tomé, integrantes do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía, en colaboración cos odontólogos Pedro Diz e Jacobo Limeres, da USC, describiron unha nova bacteria que actúa como protectora fronte á carie e ten propiedades contra a periodontite e a halitose. Patentárona e están en negociacións cunha empresa para conseguir levala ao mercado coma probiótico. A bacteria denominouse Downii, en recoñecemento ao colectivo de persoas con síndrome de Down, xa que se descubriu que estes pacientes teñen maior cantidade desta bacteria protectora.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: Grupo de Patoloxía Dixestiva «Desenvolvemento de técnicas avanzadas para endoscopias de esófago»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O servizo de aparato dixestivo, en colaboración co IIS Galicia Sur organizou un seminario práctico de formación en endoscopia con técnicas avanzadas para o tratamento de dúas patoloxías de esófago, o divertículo de Zenker e a achalasia. Trátase de patoloxías pouco frecuentes, pero cuxo tratamento por vía endoscópica resulta mellor para o paciente, xa que evita la cirurxía, segundo indica unha das coordinadoras do curso, a Dra. Mª Luísa de Castro Parga, do Grupo de Patoloxía Dixestiva e adxunta do servizo de aparato dixestivo do CHU de Vigo. O seminario estivo a cargo do Dr. Eduardo Albéniz, do CHU de Navarra, experto nestas técnicas, e da Dra. Pamela Estévez, tamén integrante do Grupo de Patoloxía Dixestiva e facultativa do CHU de Vigo. A iniciativa persegue consolidar nos próximos anos este tipo de xornada formativa no Hospital Álvaro Cunqueiro, que conta cunhas instalacións e equipamento endoscópico de alta calidade, como salienta o xefe de servicio, o Dr. Rodríguez Prada.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: Saida Ortolano «Estudar patoloxías raras da pistas para tratar as comúns»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Saida Ortolano, investigadora do Grupo de Investigación en Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica do IIS Galicia Sur, impartiu esta semana a conferencia “Enfermedades raras no tan raras. Qué nos dicen y hacia dónde vamos” no Domus de A Coruña, nun evento organizado pola Fundación CorBI. Afirma a Dra. Ortolano que nos atopamos ante un cambio de paradigma que sitúa ás enfermidades raras entre as liñas de prioritaria importancia para o avance biomédico. O seu estudo pode contribuír a comprender mecanismos celulares complexos e atopar dianas terapéuticas para o tratamento de patoloxías mais frecuentes.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: a Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria da área sanitaria de Vigo
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
La Unidad Docente Multidisciplinar de Primaria es la mayor de Galicia, con 24 plazas ofertadas este año, y ha formado a 236 médicos de familia en Vigo a lo largo de 12 años. Participan en esta Unidad investigadoras del Grupo de I-Saúde del IIS Galicia Sur, entre ellas Ana Clavería (responsable del grupo), Clara González y María Victoria Martín. Esta última, jefa de estudios, considera que hay dos razones principales para que Vigo sea una interesante opción para formarse como médico de familia: la gran dedicación y vocación de los tutores, y la implicación de Ana Clavería, especialista en Medicina Preventiva, que lidera la actividad investigadora en la Atención Primaria del área de Vigo y también en la Unidad Docente. Su apoyo para el desarrollo curricular en investigación permite que culminen con un proyecto de investigacion que defienden ante un tribunal externo y que opta a un premio. Estos proyectos se publican en la revista Cadernos. Los residentes se entrenan de esta forma en el manejo de la información científica con trabajo de búsquedas bibliográficas y lectura crítica y buscan soluciones para mejorar la atención, la salud y responder a necesidades de Primaria.
Investigadores do IIS Galicia Sur organizan as II Xornadas de Actualización en Anatomía Patolóxica
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
Hoxe celebrase no pazo de Cea, en Nigrán, a II Xornada de Actualización en Anatomía Patolóxica, que nesta edición adicarase á patoloxía testicular e infertilidade. Asisten mais de 80 especialistas en Anatomía Patolóxica de toda España e tamén doutros países. Destacan as ponencias invitadas do Dr. Manuel Nistal, profesor do Departamento de anatomía, histoloxía e neurociencia da Facultade de Medicina da Autónoma de Madrid, e da Dra. Pilar González-Peramato, do Hospital Universitario La Paz, que é tamén profesora do Departamento de Anatomía Patolóxica da Autónoma de Madrid. O cartel complétase con outros dous relatores, que proceden do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo: a doutora de Anatomía Patolóxica Pilar San Miguel Fraile e o doutor José Manuel Barros, do servicio de Uroloxía.

Os Drs. Jose Antonio Ortiz e Pilar San Miguel Fraile, investigadores do IIS Galicia Sur, organizan estas xornadas// Foto: Atlántico Diario
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «entrevista a Carlos Spuch no periódico “Nosotros”»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O investigador Carlos Spuch (Grupo de Neurociencia Traslacional) trasládanos nesta entrevista realizada polo periódico “Nosotros” a súa visión sobre a investigación en demencias en Galicia e nos comenta os principais obxectivos da Rede Galega de Investigación en Demencias, REGIDEM, da que é coordinador.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «proxecto socioEPOC, grupo NeumoVigo I+i»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O grupo NeumoVigo I+I, da EOXI de Vigo e o IIS Galicia Sur, desenvolve unha ferramenta para predicir a evolución da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) segundo as condicións sociais. Esta iniciativa permitiulles obter financiación do Instituto de Salud Carlos III para levar a cabo un novo proxecto de investigación nos próximos 3 anos.
As nosas investigadoras e investigadores nos medios: «a IA, catadora de viños» e «na la elite mundial da I+D»
Publicado por Admin en Actualidad, Noticias_portada
O grupo de Investigacións Agroalimentarias dirixido por Jesús Simal, da Universidade de Vigo, desenvolve unha ferramenta de intelixencia artificial que permitirá certificar os viños das denominacións de orixe galegas.
De novo atopamos ao Dr. Jesús Simal, líder do grupo de Investigacións Agroalimentarias nesta noticia, xa que figura na lista Highly Cited Researchers (HCR), que selecciona aos investigadores e investigadoras mais influíntes do seu ámbito en todo el mundo.
Visita nuestras redes sociales