A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) desenvolverán unha investigación na busca de biomarcadores que teñan en conta o binomio familia-paciente.
A presentación do proxecto de investigación “Desenvolvemento de biomarcadores familiares de deterioro cognitivo e estrés familiar na enfermidade de Alzheimer” tivo lugar o martes 6 de setembro no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, contando coa asistencia do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
O proxecto busca desenvolver por primeira vez biomarcadores que teñan en conta o binomio familia-paciente, pois a perda dos niveis de deterioro cognitivo do paciente está asociada ao aumento do estrés dos seus coidadores principais. Así, a investigación procurará conseguir, de maneira sinxela e non invasiva, un diagnóstico sobre o nivel de deterioro cognitivo do paciente e o nivel de estrés familiar dos seus coidadores.
Visita nuestras redes sociales