O Grupo SING, Sistemas Informáticos de Nova Xeración, vinculado ao IIS Galicia Sur, está formado por enxeñeiros informáticos cunha gran vocación social. O grupo realiza una clara aposta pola investigación traslacional e buscan xerar ferramentas informáticas con aplicación para solucionar problemas reais, especialmente no ámbito biosanitario. A través desta reportaxe pódense coñecer varias das iniciativas que teñen en marcha neste momento.
PROXECTOS DO GRUPO

POLYDEEP
Florentino Fdez-Riverola
PolyDeep: Sistema intelixente de detección e clasificación en tempo real de lesións colorrectais mediante deep learning é un proxecto financiado pola convocatoria de proxectos de I+D+I do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade do MINECO, cuxo obxectivo é xerar un sistema informático capaz de realizar a detección e clasificación das lesións colorrectais, dando apoio en tempo real ao endoscopista para a visualización dos pólipos de colon e para a toma de decisións terapéuticas sobre as mesmas.

InNoCBR
Daniel González
Proxecto realizado en colaboración co Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), dirixido pola Dra. Berta Uriel, e a Fundación Biomédica Galicia Sur, para a detección das infeccións nosocomiais (aquelas que se adquiren no ámbito hospitalario, pero que non están relacionadas coa patoloxía de ingreso). O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento dun sistema intelixente capaz de identificar posibles casos de infección partindo de datos proporcionados dende as bases de datos de Farmacia e Microbioloxía. Nunha segunda fase, búscase que o sistema realice un diagnóstico intelixente, para o cal busca una serie de datos en bases de Enfermaría, Laboratorio, Radioloxía e Clínica. Finalmente, proporciona esta información ao médico, e este decide se se trata dunha infección nosocomial.

PANDRUGS
Miguel Reboiro
A aplicación PANDRUGS axuda a atopar o mellor tratamento farmacolóxico para o paciente con cancro. Proporciona unha plataforma bioinformática que prioriza os tratamentos anticanceríxenos segundo os datos xenómicos do tumor. Integra 24 bases de datos e se engloba dentro do que se coñece como medicina personalizada. É una iniciativa realizada en colaboración co Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).

Proxecto Anti-Spam
Jose Ramón Méndez
Jose Ramón Méndez é especialista en seguridade informática. Continuando a liña da súa tese doutoral, na actualidade traballa no desenvolvemento dun filtro de spam que “entenda de temáticas”, no que ousuario poda axudar a clasificar aquelas que son do seu interés. O proxecto realízase en colaboración coa Universidade de Mondragón, e o obxectivo é xerar un modelo para 2019 que poda ser transferido á industria.
Visita nuestras redes sociales