• O traballo, realizado pola área de radioloxía musculo- esquelética, presentouse no recente congreso da Sociedade Española de Radioloxía
• Está integrado nas investigacións que realiza o grupo de Diagnóstico por Imaxe do IIS Galicia Sur
Un traballo realizado por profesionais do servizo de Radioloxía da Área Sanitaria de Vigo e do Grupo de Diagnóstico por Imagen do IIS Galicia Sur, que dirixe o doutor Juan Manuel Vieito, logró un recoñecemento nacional no recente congreso da Sociedade Española de Radioloxía (SERAM). En concreto, o estudo foi realizado pola área de radioloxía musculo-esquelética, sendo a doutora Elisa Xara a primeira asinante da comunicación científica.
“Masas de partes brandas de estirpe lipomatosa: Caracterización mediante Resonancia Magnética” é o título da investigación. Os autores realizaron unha análise exhaustiva na que revisaron en profundidade un total de 237 casos diagnosticados e tratados na Área Sanitaria viguesa nos últimos meses.
Aínda que o manexo deste grupo de patoloxías é multidisciplinar, a imaxe por Resonancia Magnética ten un papel fundamental neste tipo de tumores. Fundamentalmente a investigación recolle o protocolo de estudo radiolóxico e sobre todo a forma de afrontar o reto diagnóstico que supón diferenciar entre lesións benignas, de agresividade media ou maligna. Para iso, utilizáronse as clasificacións internacionais vixentes aceptadas polas comunidades científicas máis relevantes.
Visita nuestras redes sociales