A Rede Galega de Demencias, coordinada polo Dr. Carlos Spuch dende o IIS Galicia Sur, reúne a nove grupos de investigación de Galicia, asociacións de pacientes, empresas de atención xerontológica e xeriátrica e outras entidades implicadas na investigación en demencias e na atención a pacientes e familiares. Colaboran tamén entidades de Barcelona, Madrid e Portugal.
Os grupos integrantes da rede captaron nos últimos anos 1,7 millóns de euros en convocatorias, 188.000 euros en contratos e convenios, teñen 23 proxectos nacionais e 7 internacionais, 9 patentes e rexistros de software, 12 teses e unhas 170 publicacións de alto impacto. Agora, unen os seus esforzos para avanzar na investigación destas enfermidades dende diversas vertentes: básica, clínica e social.
Visita nuestras redes sociales