O secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal (ASIME), Enrique Mallón, realizou unha visita ás instalacións do Proxecto Pooling, no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. O obxecto da visita foi coñecer en detalle o funcionamento do novo laboratorio, onde se analizan as mostras. O IIS Galicia Sur e ASIME asinaron xa un convenio de colaboración para que aquelas empresas asociadas que o desexen poidan poidan participar no proxecto.
Na visita estivo acompañado polo director científico do IIS Galicia Sur, José Ramón Fernández Lorenzo; polo investigador principal do proxecto e xefe de Microbiología da Área Sanitaria de Vigo, Benito Regueiro; pola directora da Fundación Biomédica Galicia Sur, Beatriz Gil de Araujo; e polos microbiólogos que traballan no proxecto, Xurxo Cabrera e Sonia Rey.
Tras a visita ás instalacións do laboratorio, mantiveron unha reunión na que abordaron os aspectos técnicos e operativos do Proxecto Pooling. Á mesma uniuse o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente.
ASIME é a organización empresarial galega das firmas do naval, automoción, mecánica, eólica, aeronáutica e fabricación de estruturas metálicas. Na actualidade están asociadas a esta organización máis de 600 empresas relacionadas con estes sectores.
Visita nuestras redes sociales