O traballo presentado por Marcos Loureiro, investigador do grupo de Investigación Cardiovascular do IISGS, obtivo o premio ao mellor póster na categoría de Modelización e Simulación Computacional no Congreso da Sociedade Europea de Cardioloxía celebrado a pasada semana en Munich. O resumo do traballo presentado, que leva por título “Hemodynamics of the left coronary artery after TAVI procedure: a numerical simulation analysis” publicarase na revista European Heart Journal 2018;39(Supplement): 1290
Visita nuestras redes sociales