• Traballará durante dous meses na Unidade de Oncoloxía Molecular Traslacional
O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur recibiu este mes a un estudante da Universidade de Vigo, grazas á obtención dunha das becas que pon a disposición dos científicos máis novos a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Manuel Pino, estudante de bioloxía, traballará durante os meses de xullo e agosto baixo a tutela da investigadora senior do IISGS, Mónica Martínez, que dirixe a Unidad de Oncoloxía Molecular Traslacional do Grupo de Oncología Traslacional do Instituto.
A AECC puxo en marcha no ano 2010 este programa de bolsas, que permite aos estudantes universitarios do ámbito de Ciencias da Saúde achegarse á investigación biomédica, á vez que lles axuda a dirixir a súa orientación profesional.
A beca do IISGS é unha das 56 que a Asociación distribuíu nesta edición entre estudantes de toda España.
Visita nuestras redes sociales