- O presidente de Asomega, o doutor Julio Ancochea, destaca que, coa recente acreditación do IISGS por parte do ISCIII “péchase o círculo e convirte a Galicia nunha das comunidades con más institutos acreditados”
- Esta distinción é compartida cos outros dous institutos de investigación sanitaria de Galicia: IDIS e INIBIC
A xunta directiva e a asemblea de socios da Asociación de Médicos Gallegos (Asomega) decidiu por unanimIdade na súa última reunión celebrada no pasado mes de decembro conceder a Insignia de Ouro Asomega 2022 aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia: IDIS, Inibic e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur-IISGS.
Segundo o presidente de Asomega, o doutor Julio Ancochea, estas entidades “aglutinan as cuestións fundamentais que definen a nosa asociación: docencia, investigación e asistencia, como eixos da acción sanitaria”. Así mesmo, destacou que “a recente acreditación do IISGS por parte do ISCIII pecha o círculo e convirte a Galicia nunha das comunidades con más institutos acreditados, só superada por Madrid, Cataluña e Andalucía”.
A Insignia de Ouro é a máxima distinción coa a que Asomega trata de recoñecer o labor desenvolvido por unha personalidade, ben polo seu apoio á entidade, ben polo seu traballo a prol de Galicia e a súa cultura. Como norma xeral, outorgase a título particular, pero xa na súa 18ª edición concedéuselle a Cáritas España, e, desta vez, aos tres institutos sanitarios galegos.
Investigación en torno ós hospitais
Con estas, xa son vinte cinco as Insignias de Ouro outorgadas por Asomega a persoeiros tan relevantes como María Jesús Lamas, directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS); Alberto Núñez Feijoó, ex-presidente da Xunta de Galicia, ou Miguel Santalices, presidente do Parlamento Galego. Nesta ocasión, a decisión de Asomega de premiar ós tres institutos sanitarios de Galicia ven dada por “Súa finalidade de potenciar o hospital como centro de investigación nun contorno docente, asistencial e investigador que achegue investigación básica, clínica e de servizos sanitarios, e que se traduza en investigación traslacional de excelencia. Neles, equipos multidisciplinares con investigadores de diversos ámbitos (clínico, académico, innovador, empresarial… ) traballan de maneira conxunta e transversal para xerar coñecemento que poda ser aplicado á mellora da saúde da poboación”. Este labor de investigación e achegamento dos resultados á poboación son os aspectos esenciais polos que esta asociación medica decidiu outorgar a súa insignia de ouro ós tres institutos de investigación galegos.
Neste sentido, cabe indicar que o IIS Galicia Sur foi acreditado o 1 de agosto de 2022 pasado polo Instituto de Saúde Carlos III por un período de cinco anos, tras recibir o informe favorable da Comisión de Avaliación que constatou o cumprimento dos requisitos esixidos polo Real Decreto 279/2018, de 24 de xuño, sobre acreditación de institutos de investigación biomédica sanitaria (IIS) que conseguen a máxima acreditación nacional no ámbito da biomedicina.
Alcanzar a acreditación era un dos obxectivos estratéxicos do Instituto desde a súa creación en 2008 e conseguiuse grazas ao excelente traballo desenvolvido ao longo destes anos por todo o persoal investigador e xestor do IISGS, que supuxo unha enorme evolución na produción científica do Instituto, do mesmo xeito que en aspectos estratéxicos e de calidade. Ademais de supoñer un recoñecemento á investigación de excelencia desenvolvida desde o IISGS, conseguir a acreditación abre as portas á participación en convocatorias dirixidas especificamente a estes institutos, co cal permite acceder a máis financiamento para proxectos, infraestruturas e captación de talento, que contribuirán a mellorar o traballo de calidade que xa se desenvolve desde a entidade.
Plan estratéxico
Para a consecución destes fins, o IISGS deseñou o seu Plan Estratéxico 2022-2026 cuxas liñas esenciais son, tal e como lembraba a directora Científica do IISGS, Eva Poveda, ó pouco de lograr esta acreditación: «promocionar a investigación traslacional e a innovación; mellorar as sinerxias entre a parte clínica e os grupos de investigación máis básica, favorecer a substitución xeracional, a captación de talento investigador, promover a ciencia cidadá… E fomentar a nosa interacción coa sociedade a través de, colaboracións con asociacións de pacientes, institucións educativas; así como asegurar o cumprimento dos criterios de igualdade de xénero no Instituto».
Agradecemento
Tras o comunicado oficial realizado polo presidente de Asomega, Julio Ancochea, á directora científica do IISGS, Eva Poveda, esta expresou o seu agradecemento por esta decisión e a súa satisfacción ao compartir este galardón xunto cos outros dous institutos de saúde galegos.
O premio será entregado proximamente en Madrid, sede de Asomega.
Visita nuestras redes sociales