O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur está á vangarda das investigacións sobre a Covid-19, como o demostran os importantes proxectos que teñen en marcha os distintos grupos interdisciplinares de investigación. Uns proxectos que espertan gran interese, tanto nos medios de comunicación como na comunidade científica nacional.
Algúns dos estudos máis relevantes foron obxecto dunha reportaxe recente. Entre eles, o que leva a cabo o grupo NeumoVigo I+i, liderado polo xefe de servizo de Pneumoloxía, Alberto Fernández Villar, sobre as secuelas pulmonares nos pacientes que xa pasaron a enfermidade
Outro dos estudos significativos é o que lideran o xefe de servizo de Medicina Interna, Manuel Crespo (grupo de Enfermidades Infecciosas), en colaboración coa xefa de servizo de Hematoloxía, Carmen Albo, sobre os tratamentos para o virus a base de plasma de pacientes que xa tiveron a enfermidade.
O grupo de Microbiología e Infectología, que lidera Benito Regueiro, tamén ten en fase de desenvolvemento, entre outros, un proxecto para comprobar o comportamento do virus mediante o seguimento de pacientes que deron positivo en Covid-19.
Ademais, o IIS Galicia Sur leva a cabo un dos proxectos de investigación que recibiu financiamento do FONDO- COVID19 do Instituto de Salud Carlos III, a cuxo fronte está Eva Poveda, do grupo de Viroloxía e Patoxénesis, que trata da “Creación de la Cohorte de pacientes Covid-19 y muestras asociadas a Biobanco del IISGS”.
Visita nuestras redes sociales