• Reportaxe publicada no Faro de Vigo do 5 de febreiro de 2023
O apoio en técnicas de intelixencia artificial para a mellora da análise e a toma de decisións na saúde e a súa aplicación paulatina en diferentes áreas científicas do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur é o eixo da reportaxe publicado no Faro de Vigo do 5 de febriero pasado e no que se fai referencia a distintos proxectos que se están levando a cabo na nosa institución. Su emprego en áreas como a cardioloxía, radioloxía, neumoloxía ou en neuroloxía é cada vez maior, malia que, como apunta Nerea Alonso Sousa, xestora de Innovación e Transferencia Tecnolóxica do IISGS non é unha técnica de resultados aplicables inmediatamente, xa que “teñen que seguir un proceso regulatorio similar ao dun fármaco e por iso a sús chegada ao paciente non pode ser inmediata”.
Xunto a ela, participaron tamén na elaboración desta reportaxe os doutores Andrés Íñiguez Romo, xefe do departamento de Cardioloxía do CHUVI e investigador responsable do Grupo Investigación Cardiovascular e Alberto Fernández Villar, xefe de Neumoloxía do CHUVI e investigador responsable do Grupo NeumoVigo I+i, e a doutora Milagros Otero García, investigadora principal do Grupo Diagnóstico por Imagxe, entre outros.
Visita nuestras redes sociales