• Preténdese comprobar os beneficios do “Mico Mama” para o cancro de mama, afirma o coordinador do Grupo de Oncoloxía Xenética do IISGS, José Esteban Castelao
• O ensaio clínico durará catro anos e no mesmo participarán 120 mulleres con cancro e outras tantas sas
O IIS Galicia Sur promove un ensaio clínico con “Hifas da Terra” no que se pretende avaliar o impacto dun produto natural a base de fungos medicinais, chamado “Mico Mama” en pacientes con cancro de mama. As probas efectuaranse en 120 pacientes da área sanitaria viguesa que teñen este tipo de cancro.
O ensaio clínico, cunha duración estimada de catro anos, levará a cabo na área Sanitaria de Vigo, onde ten a súa sede o IIS Galicia Sur. O estudo trátase dun caso-control, polo que, ademais das 120 pacientes de cancro de mama, tamén participarán 120 mulleres sas para comparar como afecta este produto natural na microbiota intestinal.
Para iso, as pacientes realizarán un total de 640 visitas ao hospital, nas que en cada visita recolleranse mostras de sangue, ouriños e feces, o que xerará máis de 6.000 tubos.
Así mesmo, realizaranse entrevistas epidemiolóxicas, nutricionais, de toxicidade e de calidade de vida e prevese recoller ao final do estudo máis de 32.000 datos biolóxicos, segundo explicou a investigadora senior do Grupo de Oncología Genética do IISGS, Carmen Redondo.
As pacientes con cancro recibirán a súa terapia oncolóxica estándar, xa sexa quimioterapia ou radioterapia, e posteriormente empregarase “Mico Mama” para avaliar os seus mecanismos de acción. “Queremos facer unha investigación rigorosa que nos ofreza coñecemento e axúdenos a entender os posibles beneficios de ‘Mico Mama’ no cancro de mama“, asegurou a coordinador da área de Cancro do IISGS, José Esteban Castelao.
Visita nuestras redes sociales