O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) acolle os traballos do proxecto que leva a cabo o investigador galego Samuel García e que se centra na procura de novas terapias que sexan efectivas contra a artrite reumatoide. Dispón dun contrato Miguel Servet para levar a cabo o proxecto e forma parte do Grupo de Reumatoloxía y Enfermidades Inmuno-mediadas IRIDIS, que lidera o doutor José María Pego.
Samuel García chegou ao IIS Galicia Sur en xaneiro de 2020, despois de estar en hospitais universitarios dos Países Baixos, como os de Ámsterdam ou Utrecht.
Actualmente dispón de financiamento do Instituto de Salud Carlos III para o proxecto sobre a artrite reumatoide e comezou outro máis sobre lupus eritematoso.
“O proxecto ten dous partes, por unha banda conseguir un novo tratamento para a artrite reumatoide e doutra banda atopar a terapia adecuada, das que existen na actualidade, para cada tipo de paciente, porque é unha enfermidade bastante heteroxénea e non todos os enfermos responden aos mesmos tratamentos. Queremos predicir se responderán ben”, explica Samuel García.
A artrite reumatoide afecta a unhas 2.500 persoas na Área Sanitaria de Vigo. A súa característica principal é unha inflamación das articulacións, aínda que pode ter outras derivacións e pode producir incapacidade ao paciente se non se trata a tempo, coa consecuente cronificación e perda de calidade de vida para o enfermo.
O proxecto “Utilización de la Semaforina3B como diana terapéutica y biomarcador de la progresión de la enfermedad en la artritis reumatoide” ha sido subvencionado polo Instituto de Salud Carlos III mediante o proxecto PI20/01472 (cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional/FEDER “Una manera de hacer Europa”).
Visita nuestras redes sociales