A expansión do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) é xa imparable e acelera os trámites coa vista posta na consecución da ansiada acreditación do Instituto de Salud Carlos III. A documentación necesaria para cumprir os requisitos de acreditación poderá entregarse a mediados de ano. E todo iso, pese ao “atraso” provocado pola pandemia durante o último ano.
O aumento da investigación multiplicouse por catro nos últimos anos, e o número de investigadores medrou exponencialmente. O persoal do IIS Galicia Sur supera o milleiro, entre investigadores responsables, seniors, post e pre doutorais, asociados, técnicos, colaboradores e distintas categorías na área de xestión. Dáse a circunstancia de aproximadamente o 40% de facultativos e persoal de enfermaría da sanidade pública do sur de Galicia forman parte de equipos de investigación do Instituto.
O crecemento en investigación está acompañado polo aumento nas dotacións con que conta o Instituto. A adquisición máis recente é un microscopio confocal de súper resolución e de última xeración que, cun custo de máis de medio millón de euros financiado en parte con fondos Feder, é xa un referente en Galicia e é dos poucos que hai en España. Este equipamento permitirá non só desenvolver máis investigacións, ao permitir observar células en vivo e procesos moleculares, senón que tamén poderá estar ao dispor de iniciativas científicas das universidades e de proxectos tecnolóxicos de corporacións relacionadas coa biomedicina.
Visita nuestras redes sociales