O Hospital Montecelo do CHU de Pontevedra completou con éxito e por primeira vez en España a operación cirúrxica con terapia de células nai nun paciente con enfermidade de Crohn. Así, a Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés asume un papel de liderado nacional en la aplicación cirúrxica destas células no tratamento dalgúns tipos de fístulas perianais complexas —unha complicación específica debilitante desta doenza— de pacientes con Crohn sen outra alternativa de tratamento.
O Dr. Juan Turnes, xefe do servizo de Dixestivo e responsable do Grupo de Hepatoloxía e Enfermidades Inflamatorias Intestinais del IIS Galicia Sur describíao coma “un momento moi feliz, que culmina tras sete anos de traballo”.
O proxecto sanitario e investigador é froito do traballo interdisciplinar desde xuño de 2012 entre os servizos de Aparello Dixestivo, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Farmacia e Radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, en colaboración coa compañía biofarmacéutica xaponesa Takeda, que asinou un acordo de risco compartido co Ministerio de Sanidade para financiar a aplicación desta terapia celular no Sistema Nacional de Saúde.
Segundo sinalan dende o servizo de Aparello Dixestivo do CHU de Pontevedr, este foi un dos primeiros servizos de España e o único de Galicia autorizado técnicamente para efectuar dende 2012 os ensaios clínicos ADMIRE CD e ADMIRE CD II. Así, de 11 pacientes con esta doenza incluídos de xeito pioneiro neses ensaios con células nai na área sanitaria, en cinco casos o tratamento foi eficaz, en tres foi efectivo parcialmente e os tres pacientes restantes continúan en seguimento de tratamento.
Coordinación permanente entre os catro servizos
Os responsables do servizo de Radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario pontevedrés, sinalan que a coordinación permanente entre os servizos de Cirurxía Xeral e Dixestiva, Aparello Dixestivo, Farmacia e o propio Radiodiagnóstico foi vital para o éxito do proxecto que, tras sete intensos anos de labor interdisciplinar, revelou uns resultados esperanzadores para a calidade de vida de certos pacientes con patoloxía intestinal.
“As técnicas e probas efectuadas no servizo de Radiodiagnóstico de Pontevedra refrendáronse desde o ano 2012 coma porta de entrada para categorizar e seleccionar baixo criterios de inclusión aos pacientes con fístulas perianais complexas susceptibles de incluírse neste proxecto e beneficiarse, por ende, destes tratamentos con células nai” subliñaron os responsables deste servizo.
Dende o servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva manifestan que o tratamento círúrxico con células nai que se efectuou en Montecelo por primeira vez en España ofrece unha alternativa nova e minimamente invasiva para a atención de pacientes con fístulas perianais complexas que non responden ás terapias actualmente dispoñibles e que tiveron ata o de agora opcións limitadas de tratamento. Así mesmo, os responsables deste servizo engadiron que a unidade de coloproctoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra está altamente cualificada para realizar as técnicas mais innovadoras, cun alto grao de cirurxía por vía laparoscópica. Ademáis de ser un dos poucos servizos de cirurxía de España en participar nos ensaios clínicos ADMIRE CD e ADMIRE CD II para terapias de células nai, o servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva de Pontevedra colabora noutros proxectos de investigación, feito que lle confire un alto grao de especialización.
Relevante aportación do servizo de Farmacia
O Servizo de Farmacia subliñou que a súa aportación técnica neste proxecto baseouse en garantir o cumprimento estricto das boas prácticas do proceso de adquisición, distribución e conservación das células nai coa compañía farmacéutica Takeda, así coma a coordinación entre os servizos de Aparello Dixestivo e Cirurxia Xeral.
Asemade, a participación de Servizo de Farmacia foi clave no seguimiento do proceso de fabricación e distribución, xa que ao tratarse de terapia celular, o mantemento das condicions de conservación e o tempo de estabilidade das células nai deben estar monitorizadas dende a planta de fabricación ata a súa reconstitución na área cirúrxica para a implantación no paciente concreto. A este respecto, para a interacción entre o servizo de Farmacia e a planta de fabricación da compañía farmacéutica disponse dunha plataforma telemática especifica, coa que se monitoriza e verifica todo o proceso ata a recepción do medicamento de terapia celular no Hospital.
Primeira terapia celular desenvolta e producida en España
Durante la presentación realizada en Montecelo, quedou patente que esta é a primeira terapia celular, desenvolta e producida integramente en España, da man da biofarmacéutica xaponesa Takeda, converténdose no primeiro medicamento baseado en células nai procedentes de doante en Europa que é aprobado e incluído no marco do financiamento público. As células nai teñen propiedades rexenerativas únicas, que poden ter diversas aplicacións clínicas, coma neste caso, en enfermidades inmunoreguladoras ou en trastornos inflamatorios.
Esta nova terapia con células nai está indicada para ou tratamento de fístulas perianais complexas en pacientes adultos con Enfermidade de Crohn, enfermidade que afecta a preto de 1.1 millóns de persoas na Unión Europea, sendo as fístulas perianais unha das súas complicacións máis debilitantes.
Desne o servizo de Aparello Dixestivo sinalaron as fístulas perianáis complexas afectan a entre un 25 e un 30 por cento dos pacientes coa enfermidade de Crohn. En España, a incidencia desta patoloxía de Crohn e colite ulcerosa multiplicouse por 10 nos últimos 25 anos e actualmente detéctanse uns 2.000 novos casos, cun incremento do 2,5% anual. En Galicia, calcúlase que por cada 100.000 habitantes hay 250 pacientes que a padecen.
Pola súa banda, os membros da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal —ASSEII— celebraron positivamente a consecución desta iniciativa, xa que se estima que hai uns 150.000 pacientes en España que sofren e conviven de maneira habitual con esta doenza.
Na actualidade só se dispón de tratamentos farmacolóxicos moi limitados para o tratamento de fístulas perianais complexas, unha situación que desemboca en que os pacientes xeralmente requiran procedementos cirúrxicos en máis dunha ocasión, asociados con morbilidade e cun maior risco de estoma permanente —apertura creada cirúrxicamente na superficie do abdome—.
Ver noticias:
Visita nuestras redes sociales