• A reunión alcanzou xa a súa terceira edición e centrouse na importancia da nutrición e a dieta nas persoas con Enfermidade Inflamatoria Intestinal
• Ademais das explicacións asistenciais impartíronse talleres de cociña saudable, con trucos para incorporar bos hábitos culinarios
O Grupo de Patoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur e a Unidade de EII da Área Sanitaria de Vigo realizaron unha xornada de colaboración cos pacientes que sofren estas enfermidades. Unha xornada que alcanza xa a súa terceira edición, dentro das actividades conxuntas coas asociacións de pacientes destas patoloxías.
Nesta ocasión, o tema para tratar foi a importancia da inxesta de determinados alimentos na evolución tanto da Enfermidade de Crohn como da Colite Ulcerosa, baixo o epígrafe “Dieta e nutrición na EII”. A reunión complementouse cuns talleres de cociña saudable na que se mostraron trucos para incorporar bos hábitos hábitos dietéticos ás rutinas diarias dos pacientes.
“A dieta é un dos factores ambientais implicados na aparición da EII e é un dos aspectos que máis preocupa aos pacientes xa que pode influír na evolución da enfermidade”, explicou Vicent Hernández, coordinador do Grupo de Patoloxía Dixestiva.
Visita nuestras redes sociales