• O premio pon en valor a eficacia de simplificar o tratamento da hepatite C desenvolto por este grupo e que se aplica no Servizo de Dixestivo do CHU de Pontevedra desde o ano 2016
O Grupo de Hepatoloxía – Enfermidades Inflamatorias Intestinais, adscrito ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e liderado polo doutor Juan Turnes Vázquez, foi galardoado co primeiro premio de investigación sobre VIH e outras infeccións de transmisión sexual 2022, que outorga a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).
Este premio pon en valor o traballo realizado polos investigadores co fin de esclarecer os beneficios en termos de eficiencia e eficacia de simplificar o tratamento da hepatite C, seguindo os protocolos que o Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) —e do que é xefe o doutor Turnes Vázquez— vén aplicando desde o ano 2016.
A este recoñecemento hai que sumarlle o obtido recentemente polo Servizo de Dixestivo do CHUP ao ser galardoado co Best in Class 2022 á mellor unidade de hepatite C de España en atención ao paciente, un premio outorgado pola publicación Gaceta Médica e que logra por terceiro ano consecutivo.
.
Visita nuestras redes sociales