O director científico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), José Ramón Fernández Lorenzo, defende que a experiencia adquirida durante toda unha carreira profesional, tanto no aspecto clínico como no investigador, debe ser un beneficio para os os máis novos, para as novas xeracións.
Así o relata nunha reportaxe publicada esta fin de semana, no que valora o seu traballo do día a día tanto como pediatra, agora xa xubilado, como investigador na súa faceta de director do IIS Galicia Sur.
“O obxectivo é que non se perda a formación que fomos adquirindo ao longo da vida profesional”, relata o doutor Fernández Lorenzo que se mostra a favor de que os profesionais con maior experiencia, sempre que se atopen en condicións e apetézalles, poidan empregarse en transmitir os seus coñecementos aos mozos que chegan a tomar a substitución.
José Ramón Fernández Lorenzo xubilouse como pediatra o pasado verán, pero foi nomeado “emérito” (o primeiro na área Sanitaria de Vigo), o que lle permite seguir a actividade científica no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, a cuxo fronte leva seis anos.
Visita nuestras redes sociales