• Xestiona solicitudes de mostras que chegan de investigadores de todo o mundo
O banco de cerebros de Vigo, dependente do IIS Galicia Sur a través do Biobanco, é o único existente en Galicia e traballa en rede cos outros 14 que hai en distintos lugares de España. Desta forma, xestiónanse as solicitudes de mostras que realizan investigadores de todo o mundo.
O banco de cerebros naceu no ano 2002 por mor da crise das “vacas tolas” e, desde entón non parou de crecer. Ata o punto de que na actualidade almacena máis de 240 cerebros para estudar a orixe ou o tratamento de patoloxías neurodexenerativas.
A directora do Biobanco IIS Galicia Sur, Susana Teijeira, debulla, nunha ampla reportaxe xornalística, a forma de traballar, as investigacións que están en marcha, os controis que se realizan para préstamos de mostras e as necesidades de máis doazóns. Sobre todo fai un chamamento a que a cidadanía se decida a doar máis cerebros sans, unha vez producido o óbito. “É a mellor maneira de comparar as mostras con enfermidades e aquelas que non as teñen”, explica Teijeira na reportaxe.
Visita nuestras redes sociales