• O grupo de Micobioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur mantén unha estreita vixilancia para saber cales están en circulación en cada momento
• O obxectivo é detectar a tempo calquera cambio e estar preparados para dar unha resposta o máis inmediata posible
O Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur mantén activa a vixilancia sobre as posibles variantes do coronavirus que poidan xurdir no futuro a curto e medio prazo. Así o explica nun artigo xornalístico o xefe do servizo de Microbiología da área Sanitaria de Vigo e responsable do grupo de investigación, Benito Regueiro.
A investigación no grupo e o traballo no servizo están en proceso de redeseño para adecuarse ás novas necesidades, unha vez que a incidencia da pandemia reduciuse considerablemente.
O obxectivo é agora, e o será nos próximos meses, secuenciar as posibles variantes ou mutacións que poida ter o virus. Detectar a tempo calquera cambio que se produza e estar en condicións de dar unha resposta o máis rápida e áxil que se poida.
Para iso é imprescindible, en palabras de Benito Regueiro, saber como muta o virus e se aparecen variantes que poidan sortear a protección das vacinas.
Visita nuestras redes sociales