• O grupo de investigación que dirixe o doutor Benito Regueiro realiza controis exhaustivos sobre a evolución do virus
• Ademais das xa coñecidas, a vixilancia esténdese a outras novas, como a “mu”, seguindo as recomendacións da OMS
O Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur segue alerta ante as evolucións e posibles mutacións do COVID-19. Ademais das variantes xa coñecidas, o seguimento esténdese a outras novas, como a “mu”, que apareceu en Colombia e cuxa vixilancia estreita foi solicitada por la Organización Mundial de la Salud (OMS).
O xefe do servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo e responsable deste grupo de investigación, o doutor Benito Regueiro, considera que esta variante proporciónalle ao virus unha nova opción de aprendizaxe para tentar facer fronte ás vacinas. Ata o de agora identificáronse na área de Vigo 35 dos 56 casos COVID que teñen esa mutación.
“Cada día o virus sorpréndenos máis”, afirma do doutor Regueiro, que puntualiza: “Canto máis se lle coñece, máis se explica a forma que ten de comportarse”. Un virus que se adapta a circunstancias cambiantes da súa contorna, como son as vacinas.
Nese sentido, unha vez concluída a quinta onda, haberá máis, pero serán “ondas catarrales”, segundo a definición de Benito Regueiro. Unha situación epidemiolóxica que se dará en Galicia, onde xa esta vacinada o 90% da poboación, fronte a un 34% de persoas inmunizadas a nivel mundial.
Visita nuestras redes sociales