• Consideran que é un proceso que leva fraguándose desde hai décadas e que a solución é a investigación en novos fármacos
• Maximiliano Álvarez, do IIS Galicia Sur, afirma que as bacterias poden cambiar nunha xeración ata o 40% do seu ADN
Os microbiólogos advirten do aumento da resistencia das bacterias aos antibióticos convencionais. Nunha reportaxe recentemente publicada deixan patente a importancia do desenvolvemento da investigación en novos medicamentos para a loita antibacteriana. Consideran que esa resistencia das bacterias é un proceso que leva fraguando desde hai décadas a nivel mundial.
Maximiliano Álvarez, do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía del IIS Galicia Sur afirma que “as bacterias poden cambiar nunha xeración ata un 40% do seu ADN”. Unha circunstancia que complica a acción dos antibióticos e que esixe que se fagan esforzos para atopar novos fármacos, aínda que recoñecen que é un proceso longo, complicado e custoso.
Por iso é polo que non só microbiólogos senón outros expertos en enfermidades infecciosas alerten da necesidade do uso correcto dos antibióticos. A súa mala utilización soamente consegue que as bacterias se fagan cada vez máis resistentes e que o tratamento de infeccións sexa cada vez máis difícil cos medicamentos que usaban ata o de agora.
Visita nuestras redes sociales