A mesa redonda “Envellecemento activo e saudable: o impacto da enfermidade cardíaca estrutural” celebrada onte no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, reuniu a expertos en materia de envellecemento activo e enfermidades cardíacas e enmárcase nunha una campaña de concienciación que busca elevar ás autoridades públicas a necesidade de abordar o impacto destas enfermidades para permitir o envellecemento activo, saudable e sostible da poboación.
O debate estivo moderado polo Dr. Carlos Rodríguez Pascual (Líder do Grupo de Envellecemento dol IISGS e Xefe do Servizo de Xeriatría do CHUVI), e contou coa participación dos Drs. Alfonso Alonso (Sergas), Ángel de Oro Prol (Confederación Estatal de Organizacións de Maiores, CEOMA), Óscar Díaz (Presidente da Sociedade Galega de Cardioloxía, SOGACAR), José Cuenca (Xefe do Servizo de Cirurxía Cardíaca do CHU de A Coruña) e o Dr. Andrés Íñiguez (Líder do Grupo de Investigación Cardiovascular do IISGS e Xefe do Servizo de Cardioloxía do CHUVI).
Os expertos debateron sobre os riscos que implica padecer unha enfermidade cardíaca para o colectivo da terceira idade, nunha comunidade cunha poboación cada vez mais envellecida, como é a galega.
Segundo o comentado no encontro, a enfermidade cardíaca estrutural —termo que abrangue o desgaste das válvulas do corazón asociado ao envellecemento— converterase nunha epidemia global e unha ameaza para o envellecemento saudable nunha sociedade cuxa esperanza de vida non deixa de aumentar.
Galicia é unha das comunidades mais envellecidas de España e, segundo indica o Dr. Óscar Díaz, o problema demográfico é moi grave e pode supoñer unha “ondada asistencial” que poderá afectar á sostibilidade do propio sistema sanitario.
Para Díaz, a solución pasa por elaborar políticas públicas que favorezan a innovación, con modelos que permitan a avaliación, mais aló do custo, “da funcionalidade, actividade e calidade de vida” que poidan proporcionar os tratamentos á terceira idade, un grupo social discriminado á hora de recibir intervencións médicas innovadoras. E tamén considera clave a prevención, que debería comezar xa dende a escola coa promoción de pautas e hábitos de vida saudables que contribúan a impedir o desenvolvemento de enfermidades cardíacas ou a retrasar a súa aparición o máximo posible.
Segundo o Dr. Andres Íñiguez, Xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e responsable do Grupo de Investigación Cardiovascular do IIS Galicia Sur, a tecnología pouco invasiva representa un “futuro imparable”. Os novos avances tecnolóxicos xa permiten procesos mais rápidos e menos invasivos que a cirurxía a corazón aberto, baseados en implantes percutáneos, que permiten a determinados pacientes acceder a un tratamento do que non podían desfrutar anteriormente. E considera Íñiguez que será a innovación la clave que permita solucionar los problemas da crecente demanda asistencial debida a este tipo de patoloxías.
Con todo, o avance fronte a esta patoloxía require unha abordaxe política clara. Dada a avanzada idade dos pacientes, o impulso da avaliación sistemática de tecnoloxías é fundamental para saber “a qué pacientes convén tratar e como”, indicou o xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, Dr. José Cuenca, quen resaltou tamén a importancia da dimensión social no tratamento dos pacientes de terceira idade.
Como responsable sanitario da Confederación Española de Organizacións de Maiores, Ángel de Oro recordou la importancia de que a voz dos pacientes se escoite na toma de decisións e insistiu na necesidade de que as autoridades se involucren en facilitar o envellecemento activo dunha poboación cada vez mais lonxeva, tamén dende o ámbito dos tratamentos sanitarios.
Repercusión nos medios
Visita nuestras redes sociales