Hoxe celebrase no pazo de Cea, en Nigrán, a II Xornada de Actualización en Anatomía Patolóxica, que nesta edición adicarase á patoloxía testicular e infertilidade. Asisten mais de 80 especialistas en Anatomía Patolóxica de toda España e tamén doutros países. Destacan as ponencias invitadas do Dr. Manuel Nistal, profesor do Departamento de anatomía, histoloxía e neurociencia da Facultade de Medicina da Autónoma de Madrid, e da Dra. Pilar González-Peramato, do Hospital Universitario La Paz, que é tamén profesora do Departamento de Anatomía Patolóxica da Autónoma de Madrid. O cartel complétase con outros dous relatores, que proceden do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo: a doutora de Anatomía Patolóxica Pilar San Miguel Fraile e o doutor José Manuel Barros, do servicio de Uroloxía.

Os Drs. Jose Antonio Ortiz e Pilar San Miguel Fraile, investigadores do IIS Galicia Sur, organizan estas xornadas// Foto: Atlántico Diario
Repercusión nos medios:
Visita nuestras redes sociales