-
Atlántico Diario se hace eco de una experiencia del Grupo HealthyFit
• Dez usuarios participaron nesta experiencia que desenvolveu o grupo HealthyFit durante oito semanas
• Según as fisioterapeutas residentes de Doral, con este método “os residentes fan ejercicio con máis intensidade e estimúlaselles mellor”
Vigo, 15 de maio de 2023.- Investigadores do Grupo HealthyFit do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur compartiron as súas experiencias de estimulación e mellora da motricidade na terceira idade mediante o emprego de realidade virtual cunha decena de usuarios da residencia Doral, en Vigo, con resultados excelentes, tal e como se reflicte na noticia publicada o 14 de maio en Atlántico Diario. Dita experiencia estivo coordinada polo investigador do Grupo HealthyFit, Pablo Campo.
Tal e como se reflicte na noticia, os participantes nesta experiencia expresaron a súa satisfacción por conto supón facer máis exercicio aínda que en condicións normais, pero de maneira divertida e entretida, mentres que o director da residencia Doral, Manuel Añón, cualifícaa como unha “experiencia moi beneficiosa. Os propios residentes esperaban con ansiedade o día que lles tocaba a terapia e, mesmo, xa baixaban eles sós”.
Ademais da satisfacción dos usuarios e dos seus responsables terapeutas, a experiencia serviu para obter máis datos acerca da súa eficacia e o establecemento dun protocolo para poder replicar esta experiencia noutros centros.
No seguinte vídeo, pódese comprobar esta experiencia:
Bondades do sistema
O pasado 12 de xaneiro, o Grupo HealthyFit avanzou nun dos Seminarios Abertos organizados polo IIS Galicia Sur o resultado de parte da súa investigación neste ámbito de emprego de terapias que combinan o exercicio físico coa realidade virtual inmersiva para o tratamento destas patoloxías comúns na terceira idade. Nesa ocasión, José María Cancela Carral, investigador responsable do Grupo e Pablo Campo Prieto, investigador postdoutoral, expuxeron os beneficios deste tipo de estimulación psico-motora a través da realidade virtual e da gran oportunidade que ela ofrece para testar parámetros como o equilibrio, forza, propiocepción, velocidade, axilidade, percepción do tempo transcorrido ou capacidade de adaptación.
Visita nuestras redes sociales