· Investigadoras do Instituto protagonizaron charlas divulgativas con escolares de distintos centros educativos
· Expuxeron parte das súas experiencias en proxectos de investigación nos que participan ou dos que formaron parte desde o inicio das súas carreiras profesionais
As investigadoras do IIS Galicia Sur envorcáronse, un ano máis, coa celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con actos en varios centros escolares da provincia. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, no ano 2015, declarou o 11 de febreiro a nivel mundial como recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía.
De feito, investigadoras do IISGS protagonizaron charlas divulgativas con estudantes de distintos centros educativos ao longo da semana, desprazándose ata as propias instalacións escolares.
A participación de investigadoras do Instituto comezou o martes, día 8, cunha charla e coloquio no Colexio Internacional SEK Atlántico (Pontevedra), acto no que participaron Cristina Regueiro Expósito, Astrid Irene Diez Martín, Mercedes Riveira y Ana Fernández, da Área de Oncoloxía. Todas elas relataron brevemente as súas experiencias na investigación.
Ese mesmo día, María Aymerich López, investigadora do grupo de Diagnóstico por imaxe e Mónica Martínez e Carme García Benito, da Unidade de Oncoloxía Molecular Traslacional, impartiron charlas sobre o seu labor investigador no CEIP Xosé Neira Vilas de Gondomar.
Estes dous actos enmarcáronse no programa “#Conócelas 2022” da Asociación Española de Investigación en Cancro (Aseica), en cuxa coordinación en Galicia participa a investigadora do IIS Galicia Sur, Mónica Martínez. O evento “#Conócelas” concíbese como unha actividade que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva.
A propia Mónica Martínez protagonizou duas charlas máis este venres no Colegio Don Bosco de Vigo.
Pola súa banda Eva Poveda, coordinadora do Grupo Viroloxía y Patoxénesis, impartió o jxoves a charla “A muller na ciencia” no CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas. Ademais, a investigadora tamén foi protagonista da reportaxe “Más voz para las investigadoras” publicado esta mesma semana, no contexto do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Estas actividades reforzan a importancia que, desde o IIS Galicia Sur, dáse ao labor divulgativo da investigación que as mulleres realizan no Instituto. Un compromiso co que están plenamente identificadas as propias investigadoras e que serve para que as futuras xeracións poidan coñecer, de primeira man, que é a investigación, como se realiza e os beneficios que reporta a ciencia á sociedade.
Visita nuestras redes sociales