• O grupo de Micobioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur analiza as mostras conseguidas nun centenar de pacientes leves ou asintomáticos
• O obxectivo do estudo é coñecer canto tempo tardan estes pacientes en eliminar o virus e o grao de inmunidade que teñen
O Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur ultima a investigación INMOD sobre determinados pacientes de COVID-19. Os resultados dos traballos poderían estar listos a finais deste ano e servirán como base para futuras actuacións. O proxecto INMOD é posible grazas á axuda obtida da Axencia Galega para o Coñecemento en Saúde (ACIS).
O equipo centrou a investigación en pacientes infectados polo virus, pero que foron asintomáticos ou tiveron síntomas leves durante a enfermidade e que estaban sen vacinar. Traballar con este tipo de pacientes, que pasaron a infección nos seus domicilios, supuxo unha dificultade engadida para o equipo, xa que debían desprazarse ata as vivendas dos enfermos para obter as distintas mostras e realizar o seguimento da súa evolución.
Os integrantes do grupo de investigación, dirixido polo xefe de Microbioloxía, Benito Regueiro, e polos microbiólogos Xurxo Cabrera y Sonia Pérez, lograron contar con mostras dun centenar de pacientes que cumprían cos requisitos fixados para o estudo.
O obxectivo final do traballo consistiu en analizar canto tempo tardaba cada un dos pacientes en eliminar o virus do seu organismo así como comprobar a inmunidade adquirida e a duración da mesma. As conclusións do estudo servirán para a planificación de futuras actuacións así como para tentar cultivar os virus, que sirvan para posteriores investigacións.
Visita nuestras redes sociales