César Veiga, investigador do IIS Galicia Sur, avanza na aplicación da intelixencia artificial ás liñas de investigación sobre a COVID-19. En concreto trabala nunha aplicación para predicir cantas persoas infectadas irán á UCI ou como evolucionará cada paciente que contraese a enfermidade.
Físico de formación, César Veiga basea a súa actual investigación desde tres puntos de vista que lle serven como ancoraxe e que interactúan entre si: un modelo social, un modelo de hospital e un modelo de UCI.
“É como un microscopio a distintas escalas”, explica Veiga. O proyecto de investigación ten financiación da Axencia Galega de Innovación e cofinanciación con fondos FEDER.
O investigador do IISGS define o proxecto como de “hiperinteligencia artificial, porque son tres modelos de inteligencia artificial xuntos y además un módulo que predice cal vai ser a mellor combinación de modelos en cada momento”. Para iso necesita unha gran potencia de computación, ante o inxente número de datos que deben introducirse.
Visita nuestras redes sociales